miércoles, 16 de mayo de 2012

ESCRITORES NA EMIGRACIÓN E XERACIÓN DO 36.

Despois da guerra civil un gran número de autores emigran cara a Sudamérica, situándose deste xeito o foco cultural galego máis alá do Atlántico. Será, sobre todo coa presenza de Castelao no Centro Galego de Bos Aires, onde dean os seus froitos os esforzos dun grupo de escritores: Luis Seoane, Lorenzo Varela, Emilio Pita, E. Branco Amor, R. Dieste. Na capital arxentina xurdirán revistas da importancia de "Galicia Emigrante" editoriais como " Citania", emisións de raio galego, representacións teatrais.
Entre as obras literarias destes autores podemos sinalar " Fardel d´eisiliado"(1952), de Luis Seoane ,poemario de intencionalidade social; "Maria Pita e tres retratos medievais"(1944) e " Lonxe" (1954) de Lorenzo Varela, poeta que devolve á poesía galega un ton épico comparable ao das primeiras obras de Cabanillas.


A XERACIÓN DO 36.
Chamamos Xeración do 36 á promoción de escritores nacidos entre 1910 e 1920 que non deron a coñecer o mellor da súa obra ata despois de 1950, aínda que nalgún caso xa tivesen publicado antes da guerra.
Nesta xeración vai ser de novo a poesía a que marque o camiño da restauración cultural. As influencias do imaginismo ou hilizoismo, do neotrovadorismo e do paisaxismo humanista van continuar sendo notorias. Se ben adquirirá gran revelancia o social-realismo (Seoane e Emilio Ferreiro).
Entre os autores máis destacados desta xeración está.
Aquilino Igrexas Alvariño, Ricardo Carballo Calero, Alvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro.
A continuación falaremos brevemente de cada un deles:
Aquilino Igrexas Alvariño: Autor de ensaios literarios e de dous importantes libros de poemas: "Señarda", conctado co modernismo e Cómaros verdes".
A súa obra, moi abundante, está escrita nunha lingua coidada e enormente cultista.
Ricardo Carballo Calero: Como investigador da lingua e a cultura galega desenvolveu unha enorme produción: "Achegas á literatura galega contemporánea", "Gramática elemental do galego común" e "Historia dá literatura galega contemporánea" entre outras.
Logo tambien hai que destacalo como poeta e narrador.

Alvaro Cunqueiro: A súa produción poética ten diversas influencias. Con Cunqueiro o neotrovadorismo chega ao seu cumio, adquirindo unha lixeireza e exquisitez difíciles de superar.
A súa obra narrativa pódese clasificar en dous grupos: novelas e galerías de retratos.
Tamén escribío obras teatrais de grande interese.
Celso Emilio Ferreiro: É un dos grandes poetas encadrados no realismo social. A súa produción, ata chegar ao realismo, adopta diversas influencias.
O seu ultimo libro "Onde ou mundo se chama Celanova" supón un cambio de ton con respecto aos seus libros anteriores; na primeira parte canta á súa terra, Celanova, e na segunda a Moraima, a súa muller e compañeira.
Son tamén desta Xeración Xosé María Díaz Castro, Moure Mariño e outros.


A PROMOCIÓN DE ENLACE.
A principios dos 50 comeza a publicarse a obra de diversos escritores nacidos nos anos vinte e formados xa baixo a ditadura. Este grupo desenvólvese sen apenas contacto coa literatura galega, bebendo de fontes castelás, e incorporándose á literatura galega tardiamente e de forma marxinal.
Son esencialmente poetas: reciben o influxo das correntes lirícas de preguerra, á vez que aparece entre eles unha nova liña, a existencial.
Entre os poetas destacan: Antonio Tovar, Luz Pozo e Manuel Cuña Novás.
Xunto a este grupo de poetas xorden as figuras de dous prosistas de interese, Xosé Neira Vilas e Daniel Cortezón.
Por último, sinalar a Xosé Alonso Montero, autor de destacados estudos sobre Rosalía, Celso Emilio Ferreiro e outros moitos temas literarios e lingüisticos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario