martes, 3 de enero de 2012

Obispos no reino suevo nos tempos da súa anexión polos visigodos.

Estatua de Martín de Braga, en Braga, Portugal.

A sede metropolitana encontrábase na cidade de Bracara Augusta, tendo como sufragáneos 13 bispados:

Britonia: esta sede foi mencionada por primeira vez polas actas do Concilio de Braga, celebrado en 561.
Lucus Augusti.
Laniobrense: a basílica de San Martín de Mondoñedo pertence ao municipio de Foz (Lugo, España). Está considerada como a catedral máis antiga de España, xa que no século IX foi sede de dous bispados, un trasladado dende Dumio, en Portugal, e outro trasladado dende Bretoña, en Lugo.
Iria Flavia: sede episcopal dende o Baixo Imperio e con suevos e visigodos, ata que Alfonso II trasladou o bispado a Santiago de Compostela.
Tudae, cuya sede episcopal se documenta dende o século V, aínda que, segundo a tradición, fundada por San Pedro de Rates, discípulo de Santiago apóstolo. Ao apoderarse Leovigildo do reino suevo, o bispo Neufila é perseguido e deposto polo rei, quen introduce na sede o bispo arriano Gardingo.
Auriensis: en 433, un bispo de Ourense foi consagrado en Lugo, aínda que en 572 se encontra a primeira noticia ao participar o bispo Witimiro no Concilio de Braga.
Asturica Augusta: a Diócesis de Astorga data do ano 254. A metade do século V, o bispo Santo Toribio, que loitou contra a herexía priscilianista e restaurou os templos destruídos polo visigodo Teodorico II, trouxo de Xerusalén un fragmento da Santa Cruz, que actualmente se venera no Monasterio de Santo Toribio de Liébana
Dumiun: San Martín de Braga, tamén coñecido como Martín de Dumio ou Martín Dumiense, foi un bispo, teólogo e escritor eclesiástico hispano de orixe panónico, chamada o «Apóstolo dos suevos».
Portucale: escindida da Diocese de Braga, actual Diócesis de Oporto.
Lamecum, na cidade de Lamego.
Viseum, na cidade de Viseo.
Conimbriga: no 468, os suevos asaltan a cidade e destrúen parte da muralla, sendo trasladada a sede a Aeminium, actual Coimbra.
Egitania (Civitas Igaeditanorum): trasladada en 1199 a Guarda.

Período escuro (469-558) da entrada dos suevos na Península Ibérica e asentamento en Hispania.

Entre o 469 e 558 hai unha laguna histórica debido a escasez de fontes. Neste periodo solo consta o nome do rei Teodemundo.

Esplendor cultural suevo.

As fontes da época coinciden en recoñecelo o reino Suevo-Galaico un elevado nivel cultural, alcanzado seguramente en varios campos, aínda que fagan máis fincapé na sabedoría e destreza literaria de San Martín Dumiense.
A produción literaria de Martín Dumiense estendeuse aos campos canónico, litúrxico e ascético-moral. Case todas as súas obras teñen un destinatario concreto, o cal revela a intensa actividade intelectual que, con centro en
Dume (e en Braga cando Martín asume a dignidade metropolitana), irradia por Galicia en todas direccións, en especial ata as sedes episcopais.
Apenas máis se sabe da vitalidade artística e cultural da Galicia do século VI e padécese unha desorientación no referente á actividade construtora.
Non se pon en dúbida a transmisión ata a actualidade dunha cantidade relativamente abundante de obras menores, entre as que destacan as laudas sepulcrais, procedentes de diferentes
necrópolis (algunhas tan relevantes como as de San Martiño do Grove, e sobre todo a descuberta no subsolo da catedral de Santiago de Compostela). Xa Vide identificou as denominadas "laudas de estola" como propias do período xermánico (entre os séculos VI e VII) e hoxe en día tamén mantén Schlunk a autoría sueva, destacando a lápida procedente de Tui coa inscrición HIC REQUIESCAT MODESTA como unha das escasas mostras de escritura daquel momento. Este mesmo autor enumera pezas de ourivaría (pendentes, broches) encontradas en diferentes lugares do reino que cualifica como bizantinas, confirmación de tendencia xeral mantida no reino polo século VI, así como de contactos culturais co Mediterráneo.

O concilio II bracarense (ordenado polo rei suevo Miro en 572) inclúe disposicións relativas á construción de novas igrexas e á consagración das xa existentes, do que se deducen dúas evidencias: que moitas, en efecto, xa existían (ben dende a baixa época romana, ben dende a conversión do século V) e que ao longo do século VI se desenvolveu unha actividade construtora e reconstrutora intensa, impulsada por unha igrexa fortalecida pola monarquía católica sueva (entón os visigodos eran arrianos). Por outra parte, consérvanse testemuñas de igrexas, como a futura catedral de Orense, do 550, ou o pazo episcopal de Iria Flavia, do 572; a de San Martiño de Churío (Irixoa, Betanzos), e a igrexa de San Pedro de Rocas (Orense); demóstrase, polo tanto, que moitas das igrexas catalogadas como visigodas no territorio da vella Gallaecia ben poden ser suevas antes que visigodas.
A igrexa de Santa Comba de
Bande está catalogada como visigoda baseándose na súa análise morfolóxica, dando por suposto que o arco de ferradura é exclusivamente propio desa cultura. A continuación constitúese un grupo de construcións baixo esa catalogación: Santa Comba de Bande, São Pedro de Balsemão ( Viseu ), São Frutuoso de Montelios ( Braga ), San Pedro de la Nave ( Zamora), pero a inconsistencia cronolóxica para situalos no século VII é manifesta. Un documento de Celanova foi utilizado para datar a erección de Santa Comba de Bande no ano 672 e, a partir dese dato, considerándoo sólido, confírmanse as outras obras estilisticamente semellantes, para as que de feito por si mesmas non existe datación fixa. Desta forma constitúese un círculo vicioso, cando ademais resulta que o tal documento de Celanova non autoriza semellante cronoloxía.

De ser así estariamos en condicións de sospeitar que obras estilisticamente semellantes puidesen ser erguidas en época sueva, non visigoda, en especial aquelas de trazos máis comúns e específicos.
Os supostos motivos céltico (transmitidos posteriormente ao longo do
románico galego) falan dunha feitura autóctona, pero a influencia oriental ou bizantina cobra maior lóxica no contexto do século VI, cando os contactos do reino suevo-galego apuntaban nesa dirección e non os do visigodo. Díaz e Díaz recoñece que eses contactos establecidos pola Galicia do século VI con Oriente permiten explicar certos detalles das obras artísticas galegas. Por iso non debe estrañar que algún autor teña catalogada a igrexa de Montelios como suevo-bizantina, atendendo a un criterio tipolóxico extensible ás demais.
Sábese de sobra que o elemento estrutural máis característico destas construcións é o seu peculiar arco de ferradura, convertido en emblema da arte visigodo; non obstante, sen entrar na consideración de que suevos e visigodos chegasen a compartir o mesmo recurso arquitectónico.

Primeira etapa (ata 469) da entrada dos Suevos no Imperio Romano e asentamento en Hispania.

O aréa territorial do reino dos suevos, así como o seu centro de gravedade, foron variando co paso do tempo. Nun principio, o grueso da poboación sueva asentouse entre a desembocadura do Duero e a ría de Vigo. Tras a marcha dos visigodos da península no 481, os vándalosenfrentanse a os suevos, derrotándos na batalla de los montes Nervasos, e solo a intervención dos romanos os salva do desastre. Os vándalos abandonan posteriormente a península para instalarse en África, deixando a os suevos como o único pobo bárbaro en Hispania. Requila comezóu unha etapa de expansión, logrando ter baixo o seu control a toda a península salvo a Tarraconense, trasladou a capital de braga a capital de lusitana, Mérida, e derrotóu no 466 a Vito, xeneral romano que intentóu parar a expansión sueva. No 453 Requiario, o seu sucesor, firma a paz cos romanos entregandolles a Cartaginense, pero no 456 decide pasar a ofensiva invadindo a Cartaginense. Isto provoca a intervención dos visigodos, que derrotan os suevos na batalla del río Órbigo. Os visigodos perseguirón os fugitivos ata Braga, que saquearon e executaron a Requiario, ao que habían capturado, deixando como rei a Agiulfo que cometeu innumerables tropelías, provocando unha guerra civil que traería un periodo de caos no reino. Isto impediu a expansión do reino suevo, que a partir deste momento quedaría limitado ao noroeste da Península Ibérica.
Nos anos seguientes sucederón luchas entre distintos pretendentes ao trono, cunha activa participación visigoda, Remismundo conseguíu unificar o reino, e durante o seu reinado os suevos se convertiron ao arrianismo.

lunes, 2 de enero de 2012

Etapa final (558 -585) da entrada dos Suevos no Imperio Romano e asentamento en Hispania.

Máxima extensión do reino Suevo.
Regnum Visigothorum hacia o 560.
A península Ibérica hacio o 560.
Os suevos empezan a reaparecer na historia a mediados do siglo VI. Nesta época, o rei Charriarico o Karriarico introducíu o catolicismo, segun o testimonio de Gregorio de Tours, ao invocar a San Martín de Tours, grazas a intercesión dun fillo do rei habríase curado unha grave enfermidade, tras o cal trouxeron unhas reliquias do santo ao reino Suevo. A sustitución do arrianismo polo catolicismo puido levar a situaciones de tensión das que non houbo noticias. Isidoro cita como primer rei católico a Teodomiro .
A finales do siglo V e a principios do VI, continxentes da poboación celta procedentes de Gran Bretaña e huindo das invasiones anglosajonas instálanse na costa lucense, aproximadamente entre o río Eo e a ría de Ferrol. Esta poboación organizouse en torno a unha diocesis propia con sede en Britonia. A súa participación nos asuntos do reino queda atestiguada pola participación do seu obispo Mailoc nos Concilios de Braga dos anos 561 e 572.
No tempo de Charriarico parece haber predicado no reino suevo otro Martin, San Martín Dumiense o de Braga , logo arzobispo de Braga, de quen realizouse a conversión de moitos suevos arrianos e que influiu notablemente en Teodomiro, ao principio do reinado, cando xa se había consolidado o catolicismo estableceu varios mosteiros no reino, entre eles o de Dumium cerca de Braga, do que foi abad ata que os obispos do reino o aclamarón como obispo de Braga no 567.
No 575 Leovigildo, rei dos visigodos, penetrou nas montañas da actual provincia de Orense, que aparentemente deberían haber estado baixo o control do rei dos suevos. A cabalo entre os territorios actualmente leoneses, donde os visigodos ainda non habían establecido o seu poder antes do 573 e as terras dos suevos habian surgido dos señorios locales, probablemente iniciados depois do 457, ao debilitarse o reino suevo, e consolidados posteriormente ata lograr unha independencia efectiva.
Non se sabe se foi a consecuencia diso polo que en 576 unha guerra cos suevos, a conquista do dominio de Aspidus fora xa o primer episodio da mesma, tras a cal leovigildo continuara a súa progresión. O rei suevo Miro solicitou a paz, probablemente basada nun recoñecemento do poder visigodo nos dominion de Aspidius e outros territorios, acedendo a ela Leovigildo. Pudo influir no ánimo do rei a noticia da rebelión dos campesiños da Oróspeda Occidental. Finalmente a paz quedou firmada no 577 probablemente con un vasallaxe suevo ao reino visigodo.
Uns anos depóis o rei suevo Miro marcha co seu exército ao territorio visigodo.
Dende 583 o 584 reinou no reino suevo Eborico, hijo do rei Miro que había xurado a fidelidad a Leovigildo mediante un tratado antes de morir. Eborico firmou un tratado de paz con Leovigildo. Hacía o 584 o rei suevo foi destronado polo seu cuñado Andeca e encerrado nun mosteiro. O novo rei casou coa esposa de Eborico llamada Sisegutia.
Apenas o rei visigodo saleu do país, os suevos rebelaronse e aclamaron como rei a un noble chamado Malarico. Pero a rebelión foi sofocada por forzas visigodas, sen a necesidad da intervención de Leovigildo.

Entrada dos Suevos no Imperio Romano e asentamento en Hispania.

Os suevos estaban dirixidos polo rei Hermerico, en decembro do 406 e en compañia doutros pobos xermánicos cruzaron o río Rin, que estaba xeado, a altura de Maguncia, penetrando no Imperio romano. Durante dous anos movéronse as suas anchas polas Galias, dedicándose ao saqueo e pillaxe. No 409, xunto cos vándalos e alanos penetraron en Hispania, atravesando o Pirineo Occidental. Estos pobos asolaron o norte da península, ata que no 411 os suevos e vándalos asdingos asentáronse na provincia de Gallaecia, firmando un pacto(foedus) co emperador Honorio e establecendo o seu centro político en Bracara Augusta. Pronto surdiron problemas con vándalos, os cales dirixironse a Bética e posteriormente pasaron a África romana. Debido ao seu escaso número ( apenas uns 30000), os suevos estiveron agrupados.
O seu réximen de goberno era a monarquía. Os reis suevos extendense dende Hermerico ata Andeca, que no 585 foi derrotado polo rei visigodo Leovigildo.
En su historia sueborum, Isidoro de Sevilla deixa constancia de que o Regnum Sueborum duró exactamente 177 años e fecha erróneamente o seu inicio no 408 ( xa que os suevos non penetraron na península Ibérica ata o 409).

cultura sueva

Nos meses anteriores tratamos temas da cultura castrexa e cultura romana, a partir de agora durante un mes vamos a abordar o tema da cultura sueva.