domingo, 22 de abril de 2012
O GALEGUISMO COMO FACTOR POLITICO DE CAMBIO DURANTE A 2ª METADE DO SÉCULO XIX.
sábado, 21 de abril de 2012
OS INICIOS DO CACIQUISMO E A IMPLANTACIÓN DO SISTEMA CACIQUIL EN GALICIA DURANTE A RESTAURACIÓN.
UN FACTOR DETERMINANTE NA REACTIVACIÓN DA ECONOMÍA GALEGA: AS REMESAS DE DIÑEIRO AMERICANO.
ANO 1918 (en unidades)
|
||||
Bovina
|
Lanar
|
Caprina
|
Porcina
|
|
A Coruña
|
494.274
|
89.491
|
34.964
|
266.294
|
Lugo
|
359.016
|
93.310
|
40.673
|
429.555
|
Ourense
|
200.529
|
120.564
|
44.198
|
204.572
|
Pontevedra
|
206.908
|
38.490
|
21.573
|
137.936
|
Galicia
|
1.260.727
|
341.855
|
141.408
|
1.038.357
|
E. Español
|
3.718.189
|
20.521.677
|
4.298.056
|
5.151.988
|
Porcentaxes de Galicia con
respecto ao Estado Español:
|
||||
33,90 1,66 3,29 20,15
|
||||
ANO 1929 (en unidades)
|
||||
A
Coruña
|
351.500
|
68.900
|
27.200
|
148.900
|
Lugo
|
519.300
|
332.700
|
142.900
|
492.200
|
Ourense
|
165.100
|
246.600
|
104.500
|
107.000
|
Pontevedra
|
111.500
|
53.000
|
25.800
|
81.500
|
Galicia
|
1.147.400
|
701.200
|
300.400
|
829.600
|
E.
Español
|
3.659.600
|
19.370.400
|
4.525.000
|
4.773.400
|
Porcentaxes de Galicia con
respecto ao Estado Español
|
||||
31,35 3,61 6,63 17,37
|
||||
martes, 17 de abril de 2012
SITUACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DOS LABREGOS DURANTE O S.XIX.
1.- Diversificación da situación
Unha estratificación elemental dos labregos permite facer as seguintes divisións:
Os caseteiros: son aqueles que só dispoñen dunha caseta ou casa moi humilde, cun par de ovillas e catro galiñas. Traballan a medias un pedazo de terra e levan as ovillas ao monte común. As veces son zapateiros, carpinteiros. Posiblemente tería un caseteiro cada lugar de 15 a 20 veciños. A modo de curiosidade, decir que a día de hoxe se visitamos unha aldea que conserve a súa estrutura primitiva, atoparemos unha caseta, actualmente habitada ou non, era do caseteiro.
Os caseiros: son os que traballan un lugar acasarado alleo, pagando ao dono a cantidade estipulada, que era a metade de todo o producto. A súa estabilidade é tan relativa que, se non hai contrato que fixe a duración, o caseiro pode ser botado sen máis trámite que un aviso previo dalgúns meses.
Os foreiros e arrendatarios: traballa a terra doutro, cunha diferencia significativa: mentres o foreiro adquire unha case-propiedade sobre a terra ata o punto de poder hipotecala, deixar en testamento, vender,…no caso do arrendatario debe ser abandonada no prazo fixado e na mesma condición en que se tomóu.
Os propietarios ricos: ante o campesiñado e os fidalgos hai unha capa social que xoga o papel de protagonista na sociedade galega do XIX. Son os campesiños que posúen e traballan as terras máis productivas, que posúen terras propias aforadas ou arrendadas a outros campesiños, e polas que reciben rendas. Teñen gando propio e gando en parzeria. Son os que procuran que algún fillo estudie na universidade ou para crego. E fan o posible por construir unha casona ou edifican moitas dependencias contiguas á casa.
2.- Situación económica
Somente foron capaces de resistir o difícil e duro século XIX os propietarios e certos campesiños. Varias circunstancias van concitarse contra o campesiñado. O endebedamento é a saída obrigada para gran parte dos labregos. A presión tributaria e a súa necesaría monetización, agravaron a situación obrigando o campesiñado a producir para un mercado. De aquí que o campesiñado medio pasóu fame e tivo que emigrar.
Somente unha capa social resistíu satisfactoriamente e melloróu o seu estado: os propietarios ricos. Verifican algo así como un inicio da reforma agraria cando deciden redimir as rendas, liberando así as súas terras. A desaparición da renda foral permítelles producir a custos máis baixos, concedéndolles uns índices de beneficios que posiblemente se reinverten no gando. Na década dos 60 hai síntomas dun importante comercio gandeiro de Galicia con Portugal e con Inglaterra. E lóxico pensar que esta capa social será a beneficiada pola exportación a Europa e, a partir da construcción do ferrocarril que unía con Madrid, pola exportación a España.
A gran masa campesiña sobrevive a duras penas. Soamente atopa na emigración unha solución desesperada.
3.- Os comportamentos sociaís dos labregos
Unha sociedade como a campesiña galega, económicamente estancanda, cunhas relacións de produción típicamente feudal, tén que manter paralela ou consecuentemente uns comportamentos superestructuraís propios dunha sociedade tradicional.
Relixiosidade: os labregos manteñen un corpo de crenzas que foi mínimamente alterada polo dogma católico, a pesar dos intentos eclesiásticos de monopolizar o fenómeno religioso.
A depuración das crenzas ou aderencias non cristiás arredor deste dogma no só non foi posible, senón que tal impureza foi mantida e favorecida pola Igrexa. Non debemos esquecer que o culto funerario pasaba necesariamente por un pago de tasas,…
En campos como o do santoral, a integración tamén se verificóu. Producense mecanismos inventados en Galicia como por exemplo o santoral como remedio, solución e medicina.
Se temos en conta que o mundo das crencias dos labregos está poboado de seres é lóxico que os labregos procurasen defensas na mesma categoría mítico-máxica.
Onde a integración non foi tan fácil é no ámbito institucional. A Igrexa procuróu monopolizar toda manifestación relixiosa do galego pola vía do convencimiento pola da coación. En canto as leis liberaís abriron un pouco a man, a xente deixaba de pagar os desmos e as oblatas. E decir o apoio económico á Igrexa non surxía dun convecimento, senón dunha obriga. Penso que entre o pobo galego e o clero nunca houbo fácil integración.
Formas de convivencia: típico das sociedades primitivas é o réximen comunal. Este abunda na Galicia no século XIX.
A preponderancia en Galicia da aldea ou agrupación de casas e a parroquia como forma superior de convivencia, patentizan a permanencia destas formas de vida comunal. E decir tamán nesto nos movemos no marco da sociedade primitiva, no que se encadra a sociedade galega da maior parte do século XIX.
PROBLEMÁTICA SOCIAL DOS MARIÑEIROS NO S.XIX.
Non é fácil falar desta clase social, desasistida, dunha atención investigadora que permita trazar as liñas fundamentais da súa situación e comportamentos.
As casas dos mariñeiros sempre dispuñan, ou soían dispor, dunha hortiña; traballána as mulleres, e fornecían as patacas e as coles complementarias da alimentación. Xunto cos remos, en cada casa había un legón. E difícil imaxinarse un mariñeiro puro até a pesca se converteu nunha profesión permanente.
casas dos mariñeiros
1.- A conflitividade social
Os mariñeiros galegos matriculados no mar monopolizan a pesca desde 1748. As continuas e longas guerras volveron inútil este monopolio. Chegaron os catalás con novas redes barredeiras e estalóu o conflito. As loitas inzaron. Recurríuse ás autoridades, que empezaron a mover a gravosa burocracia por medio de informes e contrainformes que prolongaron a situación. Recurríuse á forza e á violencia. As redes catalás foron desfeitas en varias localidades; os catalás foron escarnecidos, e no ano 1812 a masa galega, enfurecida, queimóu e arrasóu seis fábricas entre Muros e Portosín.
A insatisfación dos mariñeiros foi canalizada e forzada por unhas minorías que se opuñían tenazmente á penetración do sistema capitalista en Galicia: o clero e a fidalguía. E un síntoma notable que, ao mesmo tempo que os mariñeiros estragan as redes das xábegas catalás, os campesiños de Cervo, Sargadelos e outros pobos, destrúen a fábrica de Ibáñez.
Por outra parte os mariñeiros de Muros, según a Carta Apologética, atacaron as fábricas entre as balas dos sesenta fusiles y do intento dos catalás, queimando todo o que atopaban ao paso. Clero e fidalguía preparánse xuntos para imposibilitar a transformación da sociedade que dominaban.
2.- As fames periódicas
As fames eran singularmente frecuentes na costa. O labrego tiña terra, hortas, patacas, millo, ou en calquer caso podía pedir empréstitos sobre a mesma terra que cultivaba. Cando o mal tempo duraba varios meses e o peixe salgado da lagareta se esgotaba, cando xa o porco estaba máis comido, a fame difundíase pola costa. E da fame pronto se pasaba ao cólera.
3.- A proletarización do mariñeiro
A loita contra os catalás era totalmente desigual. Pouco a pouco os mariñeiros, cada vez máis desasistidos do apoio do clero e da fidalguía, reducidos a defenderen os postreiros bastiós, fóronse entregando aos catalás. Traballaban para eles comprometéndose a facer a costeira coas redes catalás, nos botes catalás e dándolles toda a pesca. O precio fixado era moi baixo. Así, aqueles mariñeiros galegos, libres como o seu mar, convertéronse en traballadores da fábrica que os ocupaba e lles vendía nos comercios da mesma fábrica os productos precisos, non excluida a augardente, que entraba en Galicia sen control ningún.
Mais tamén os catalás coñeceron a súa crise. A alza extraordinaria dos custos do sal, e a política económica proteccionista dos gobernos moderados, abocaron as fábricas a unha crise total. Foi entón cando no decenio 1850-60 a fame se fixo devastadora. Os mariñeiros ficaron sen redes, sen barcos e sen fábricas. Desta crise saíron os catalás no Sesenio. Os mariñeiros non ergueron cabeza ata a chegada de remesas de diñeiro de América, que lles permitiu compraren novos barcos e redes e comerciar coas vilas e cidades principias, xa con independencia das fábricas.
lunes, 19 de marzo de 2012
O DESENVOLVEMENTO AGRÍCOLA NA BEIRAMAR GALEGA DURANTE OS SÉCULOS ESCUROS.
A agricultura do litoral e dos amplos vales fluviais denota un alto grao de ocupación (A Lanzada co 36-37%-37 de terra cultivada ou A Ulla cun 27%) que non impide a presenza dun agudo minifundismo (as cotas do Barbanza, Ulla e Lanzada sitúan a explotación media entre 17 e 20 ferrados equivalentes aproximadamente a 1-1,5 Ha.); esta explotación acompáñase dun extraordinario grao de parcelación que xira en torno ao ferrado, salvo en demarcacións limitadas, como na Ulla que supón o 24%, estando os prados minimamente presentes. É moi probable que cara a mediados do s.XVIII este alto grao de ocupación situase a estas demarcacións nunhas posibilidades potenciais practicamente límites no referente á ampliación da renda, o que non impide unha atención importante cara ás zonas complementarias do total que supoñen nestas últimas demarcacións aproximadamente a terceira parte da área de aproveitamento directo.
Hábil equilibrio logrado entre área cultivada e área complementaria, acompañado dun notorio esforzo da irrigación, que alcanza o 29-33%-33 da área cultivada na Lanzada ou o 32,4% na Ulla. A todo iso hai que engadir unha importante cabana gandeira, sen dúbida inferior en cabezas por veciño ás zonas interiores pero moito mais importante se se mide por unidade de superficie territorial, que só pode sosterse cun grao de intensificación e estabulación moito máis desenvolvido; non en van son aquí os gañados vacún e de seda os que presentan mellor distribución. O éxito desta agricultura equilibrada e prudente encadrada nun auténtico policultivo de subsistencia e orientado cara á autarquía, logra en boa parte tal obxectivo en virtude duns rendementos extraordinariamente elevados para a época que poderían roldar por termo medio os 20 Hl. /Ha., cara a mediados do s.XVIII, obtidos sobre a base dunhas rotacións sinxelas nas que o millo ocupa o papel dominante. Zonas, pois, que desenvolveron unha especie de revolución agrícola espontánea anterior á ben coñecida e descrita para as zonas vangardistas europeas.
O MILLO E A PATACA:
O protagonista indubidable desta demarcación é o millo cuxa captación masiva habería que situar en torno aos anos 30 do s. XVII. O acollemento que se lle dispensou foi tan espectacular que cara a 1650-59 supoñía os dous terzos da produción cerealera nas zonas litorais e cara a 1660-69 lograba similares cotas nas demarcacións da depresión meridiana. Certo é que a súa influencia directa sobre as curvas diezmales aínda se fará esperar pero non hai que esquecer que, á parte o problema de cobramento que formula todo o noval, a simple substitución dos cereais tradicionais polo millo puido supoñer grandes beneficios para o campesiñado e a el aínda no suposto dubidoso de que a produción non se vise incrementada, pois non hai que esquecer a gran vantaxe do millo na sementeira. Para reproducir o ciclo produtivo no caso do millo non se necesita reservar máis que o 2,5-5%-5 da colleita alcanzada, cifra que nos cereais tradicionais se eleva necesariamente ao 17-40%.
Se non logrou inflexionar as curvas diezmales inmediatamente cara á alza, si foi capaz de deter a caída na costa cara a 1645 moito antes do que sucederá no interior e dende 1662 as curvas son claramente alcistas, talvez froito da aclimatación definitiva do millo e do desenvolvemento dun amplo proceso cavador, que leva o chan cultivado ata as súas máximas posibilidades de aproveitamento. Iníciase así unha gran fase expansiva, cortada por algunhas crises, que se continúa sen interrupción ata o segundo terzo do s.XVIII nos sectores máis dinámicos da Galicia costeira occidental, se ben na periferia cantábrica se prolongaría ata 1780. En conxunto as subas foron moi importantes para estas demarcacións denotando unha grande elasticidade das curvas de produción, que alcanzan nos seus momentos máis felices unha clara superación na súa duplicación.
Non parece xogar papel importante nestas zonas litorais a segunda novidade do s.XVIII: a pataca. De feito aquí non foron modificados os sistemas de cultivos e a penetración deste produto parece ter sido moi débil. A solución adoptada foi o perfeccionamento máximo do sistema xa montado a mediados do s.XVIII e isto levaríao a uns logros notables. Os rendementos medios na Lanzada terían pasado de 18-20 Hl. /Ha., cara a mediados do devandito século a 26-27 Hl. /Ha., nos primeiros lustros do s.XIX. Ese aumento próximo ao 40% podería ser a explicación básica do novo dinamismo das poboacións litorais dende as últimas décadas do s. XVIII. Convén sinalar a excepción mindoniense cunha difusión precoz e notoria da pataca que nos axudaría a comprender este mantemento na alza das curvas decímaos ata os anos oitenta do s.XVIII.
domingo, 18 de marzo de 2012
CARACTERÍSTICAS DEMOGRÁFICAS DOS SÉCULOS ESCUROS.
Globalmente, o movimento demográfico de Galicia nestes tres séculos obedecéu a dúas tendencias de aumento e a unha de estancamento. Como resultado a poboación triplicóuse. Velaquí unhas cifras conxeturás do XIII ao XVIII:
| ANO | POBOACIÓN | H./KM2 |
| 1280 | 476.820 | 16 |
| 1553 | 533.400 | 18 |
| 1591 | 620.000 | 21 |
| 1670 | 620.000 | 21 |
| 1717 | 1.210.000 | 41 |
| 1749 | 1.350.000 | 46 |
Entre 1450 e 1480 a poboación comenzóu a aumentar na maior parte de Europa. Este movimiento seguíu, con algunhas interrupcións temporais, ata os primeiros anos do século XVIII. Galicia estivo dentro da tendencia xeral da Europa atlántica.
Ao promediar o século XVI, o auxe atenuóuse. Na década de 1640 renovóuse o crecimiento, que se disparóu a partir de 1670, aínda que non é probable que as poboacións de 1591 e 1670 fosen iguaís. Non houbo perda de poboación en sentido absoluto no XVIII; somente perda de veciños contribuíntes. En 1594 eran perto de 125.718; no século XVII, 118.680. En toda a documentación é unánime o aumento pasivo de mendigos. Os factores desencadeantes do diverso sentido do movimiento demográfico están en relación coa produción e coa mortalidade. A mellora produtiva no XVI debéuse ao comercio esterior costeiro, que dinamizou a agricultura. Impedido este comercio polas guerras imperiaís, o teito produtivo interior mudóuse en estancamento. Co fin das guerras con Portugal veu a coincidir a introdución masiva do millo gordo, que fixo posible o novo disparo poboacional; mais pola metade do XVIII as posibilidades decaíron novamente.
Análises demográficas locaís proban o descenso da mortalidade no XVIII, dunha tasa de 35,5 por mil no XVII a 20,05 por mil a final do XVIII.
De momento, fican en pé graves dificultades para establecernos unha demografía precisa de Galicia nestes séculos pre-estadísticos. As veciñanzas do XVI e do XVIII e os primeiros censos de habitantes son pouco fiables. Os estudios de Eiras sobre a fiabilidade destes documentos para a provincia de Santiago conceden distinto valor a cada un. Eiras xulgóu correcto o 3,6 para a provincia de Santiago; na montaña lucense era, sen dúbida, moi superior. En contrapartida, o grado de ocultación obriga a sumar habitantes. A estadística proposta máis arriba, en base a datos diferentes, creo que pode eludir algo a realidade.
A poboación seguía a ser eminentemente rural; ningunha das cidades, e menos as vilas, pasaba de 20.000 habitantes. No XVI o maior número de habitantes correspondía a Pontevedra, seguida de Santiago, Ourense, Viveiro, A Coruña, Lugo, Betanzos e Redondela. Durante o XVII, as aglomeracións costeiras indefensas perderon poboación; somente medróu A Coruña, e o Ferrol empezóu a significar xa algo como cidade de realengo. A mediados do XVIII as cabezas de provincia tiñan a poboación seguinte:
|
| Nº DE VECIÑOS | Nº DE HABITANTES |
| Santiago | 4.504 | 13.952 |
| A Coruña | 2.051 | 6.358 |
| Betanzos | 908 | 2.815 |
| Tui | 903 | 2.799 |
| Ourense | 773 | 2.396 |
| Lugo | 709 | 2.198 |
| Mondoñedo | 626 | 1.941 |
Aspectos importantes da demografía, como a división por sectores de producción ocuparánnos ao tratar da economía. Agora cómpre consignarnos un: a emigración.
Parece imposible un estudio estadístico da emigración galega nestes tres séculos. E indubitable a esistencia dunha movilidade migratoria no XVI e no XVII. Varios miles de galegos repoboaron as Alpujarras cando os mouriscos foron forzados a abandonalas; concretamente cando os espulsóu do Estado Felipe II.
Os rexistros de saída cara a América dannos un número de galegos inapreciable. Mais é ben notoria a esistencia da emigración clandestina. Con todo, maior relevancia tivo a emigración no XVII. Para o século XVIII apreciase unha emigración con dirección a León, Castilla e Andalucía; as cifras son de 30.000 individuos anualmente, a maior parte homes, porque non faltan mulleres e nenos.
A emigración no XVIII cara a Portugal, Castilla e América foi grande. En total arredor de 300.000 individuos ao longo do XVIII. A emigración ultramariña dirixíase principalmente a Sudamérica. A partir de 1776 os gobernos españois tentaron protexer aos emigrantes galegos contra abusos nas levas militares e na navegación. Creóuse na Coruña una comisión encargada da espedición de familias ás terras do Mar de Prata. Conseguintemente, aquel porto convertéuse en centro de partida de numerosos grupos cara ao sur de Argentina, o Uruguay oriental e Brasil. Este último país atraía aos buscadores de ouro.
A emigración foi, tanto como o efecto da miseria dos sectores populares máis desfavorecidos, o indicador do desaxuste das estruturas socioeconómicas que máis chamóu a atención dos ilustrados en procura dunha reforma. Campomanes intentóu algún arranxo con propostas concretas.









