jueves, 9 de febrero de 2012

IGREXAS E CAPELAS NA IDADE MEDIA.

Lendo un libro xurdiume un interes polas igrexas e as capelas nada idade media e recopilei unha información que vola contar a continuación.

Aínda que probablemente o establecemento da igrexa católica fose anterior, a consolidación definitiva lógrase co rei suevo Teodomiro (559-570),quen encarga a Martin de Dumio a reorganización. Natural de Panonia, chegou a ser titular de 213 parroquias e con él aparece a división en diócese.

A partires do século IX o ascenso da igrexa non pareceter fin; bens procedentes de donacións reais, por ofrendas de fieis, de insolventes que non poden paga-los impostos, dos malfeitores que lles deben favores..

Coas desamortizacións do XIX, sofre un duro revés coa drástica merma de posesións e impostos, para na actualidade, entrar en profunda crise coa crítica social; por vez primeira a igrexa ve e vive o que é a pobreza. Para saír desta situación está optando por unha liña de compromiso e conexión coa nosa cultura.

Nembargantes a esta institución hai que recoñecerlle o acerto de acomoda-la división administrativa á realidade sociolóxica e xeográfica da Galicia rural.

Pero o que aquí nos interesa e resalta-la calidade e o exquisito gusto artístico por mor dunha formación excepcional debido a que aqueles que tiñan poder de decisión neste eido pertenecían a clases elevadas; monumentalidade, pintura, orfebrería, mobiliario…

IGREXA DE SAN XURXO

A capela maior loce bóveda en nervadura de estrela con data de 1698 según inscripción da parede, con arco triunfal de medio punto moldurado. O teito cúbrese de artesoado de madeira. A fachada principal é do 1832. A torre das campás (século XVIII) que é de planta cadrada, está dividida en tres corpos ( o segundo con espectacular balaustrada, pertenece á ubicación das campás, con inscripción nunha delas de 1788).

IGREXA DE LABACENGOS.

A estructura é dunha nave, frontis con espadaña de dúas campás, capela maior , sacristía e capela lateral no lado do Evanxelio. Arcos e bóvedas de medio punto en crucería de granito, século XVI; os que conforman a bóveda son apuntados. O presbiterio ostenta nervadura en aspa, sendo máis complexa a da capela lateral configurando una estrela de catro puntas e cinco claves ( a do medio con escudo; libro aberto e patena, caliz coa efixie sacra semellante ó da lumeira da rectoral de Cedeira xa desaparecida).Conta con tres retábulos neoclásicos, e as pinturas da bóveda representan querubes, a santa faciana entre San Xoán Evanxelistae Virxe Maria, dous apóstolos á carón do corazón, mais outro grupo de arcanxos e querubes. Asimismo conta cunha antiga pía bautismal, en granito con relevos moi erosionados,que representan a custodia.

IGREXA DE ABADE

A capela maior presenta nervadura en aspa probablemente do século XVI. O solo da nave, como é norma xeral, está cuberto de laxes de serpentina, pero aquí, con numeracións e inscripcións nalgunhas delas. Nunha esquina da parede orientada ó sur e adosado á mesma sobresae un chamativo reloxo de sol con inscripción pétrea na peaña.

IGREXA DE SANTA CRUZ

É igrexa de asilo coma a de San Xurxo conforme as inscripcións encol da porta principal, a torre que data do 1816, é de planta cuadrada, configurando un prisma e rematada en espadaña onde acobilla dúas campás; como particularidade, presenta abundante decoración de placas recortadas segundo moda dos artistas composteláns do século XVII. O demais é neogótico. A fronte do edificio foi reedificada no 1838.

IGREXA DE SAN XOAN

Cubre o presbiterio una bóveda de artista con arcos formeros,mentres que o triunfal é de medio punto. No muro pode lerse a seguinte inscripción “ Esta capilla maior se hizo de nuevo a cimentis siendo cura Don Juan Simeón. Año de 1752.

CAPELA DE SAN RAMÓN

En calidade de cotitular da que xa existía no século XVII en Balocos, luce una elegante torre, que no corpo das campás ostenta una balaustrada pétrea moi semellante á de San Xurxo,capela de San Xiao, importante centro de peregrinación sobre todo no pasado.

CAPELA DE SAN CIBRAO

Na parroquia de Santa Cruz; capela de San Marcos e capela de Mesía ámbalas dúas na parroquia de San Xurxo. Esta última, que presenta a particularidade de estar adosada á igrexa parroquial, foi fundada polos Mesía a finais do século XVII.

Escudo de armas da Capela de Mesía en San Xurxo, onde se aprecian os sinais dos fundadores ( Lago,Mesia,Tenreiro e Montenegro) antepasados dos Mesía de Moeche. Actualmente existe una reproducción case exacta deste escudo no Pazo de Meirás – que levantaron os Pardo Bazán no século XIX- e que ven a testemuña-lo parentesco de Dª Emilia Pardo Bazán cos Mesía de Moeche. Detalle da primorosa frontaría da devandita capela que inicialmente íase construir no lugar de Loureiros por iniciativa de D. Miguel Mesía, pero que definitivamente e trala súa morte, foi reconducida pola súa irmá a carón da ara colateral da Nosa señora do Rosario na igrexa parroquial. Interior da Capela de San Ramón co arco de medio punto que da paso ó destacado retábulo do altar-maior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario