domingo, 22 de abril de 2012

O GALEGUISMO COMO FACTOR POLITICO DE CAMBIO DURANTE A 2ª METADE DO SÉCULO XIX.


 Xurde como grupo político no periodo 1840-6. O galeguismo débelle a aquela primeira xeración de intelectuáis(os Faraldo, Neira de Mosquera, irmaos Camino etc..) o descubrimento da singularidade social e histórica do noso pobo e a iniciación do proceso de concienciar a comunidade non só desde instancias culturais, senón tamén embarcándose na aventura do levantamento de 1846.
Este levantamento foi menos espectacular, pero mais profundo chamado a ter un papel protagonista no porvir político de Galicia: o movemiento galeguista.
O progama económico e político deste galeguismo era unha denuncia da marxinación económica de Galicia claramente os responsables eran o centralismo, lexislación estatal, pasividade galega, mais realmente non hai un programa revolucionario. Non presentan opción algunha de cambio da estrutura agraria; non ofrecen unha solución pra a situación pesqueira e a servidumbre mariñeira
Estes primeiros galeguistas procedían das profesións liberais que nese momento constitúen unha rama un pouco esgallada da fidalguía galega. Coñecían as correntes europeas máis actuais pero estas correntes apenas foron capaces de alterar o cadro das súas ideas.
Despois da desfeita do 1846, afastados para sempre de Galicia algúns líderes do “provincionalismo” refuxianse na cultura. E o que podemos chamar segunda xeración galeguista onde cabe destacar a Rosalía, Vicetto, Pondal e Murguía que manteñen o ideal galeguista, no idioma galego, no medio de expresión,… A este espírito debemos Cantares Gallegos e Follas Novas de Rosalía e Queixumes dos Pinos de Pondal.

a O federalismo Galeguista, primeiro intento dun populismo galego(1868-1875).
Hai un vinculo entre federalismo e galeguismo por varios indicadores, dos que cabe destacar un estatuto para Galicia en 1873, o estudio do presuposto económico para un cantón galego, a creación dun Centro de Iniciativas para o desenvolvemento de Galicia, os diversos folletos, proclamas e periódicos en que aparece clara esta vinculación. Por primeira vez o galeguismo programa accións proselitistas a nivel popular no intento de converter o movemiento nunha acción de masas.

   O galeguismo conservador: o rexionalismo de Brañas.
A dereita galega comprendeu, a necesidade de asumir o ideal galeguista no seu fardel de pretensions políticas. Ahora, a caída da Primeira República non conlevóu inmediatamente a incorporación da dereita galega ao galeguismo. Tivo que acontecer a crisis dos anos oitenta. Como líder dos egrexios economistas destacamos a Brañas que di que a crise que experimenta o mundo é, particularmente o Estado Español ten unha complexa etiloloxía, máis coincide en demandar unha única saída: a descentralización regional. A descentralización só é posible mediante un goberno rexionalista.
Todo esto vai levar por primeira vez á dereita galega  a ver no galeguismo un instrumento de presión sobre o goberno.
O recurso ao idioma, á nosa historia, ao folclore de máis motivos sentimentás, que o partido rexionalista fai, atraerá ao seu campo moitas persoas que nada tiñan que ver cos intereses económicos do núcleo dominante, poetas, clase media,…
Finalmente, a aproximación de Brañas ao carlismo, no seo do que morrería, fai que grandes sectores de clero penentren no rexionalismo galego.
Constitúese  desta  maneira un partido ou asociación rexionalista motivada en última instancia por uns intereses da oligaraquía galega postos en perigo.

c As Irmandades da Fala.
Un grupo de intelectuaís galegos residentes en Madrid cuestiónanse o atraso económico de Galicia e convidan, desde as páxinas da revista Estudios Gallegos, a un labor de rexeneración. En Galicia un xornalista, Antón Vilar Ponte, recolle a chamada e convoca o 18 de maio de 1916 a intelectualidade coruñesa. De aquí saíra a Primeira Irmandade da Fala de Galicia. Aos poucos días fúndase a de Santiago, baixo a dirección de Luis Porteiro Garea. Os líderes do movemento serán os irmáns Vilar Ponte, Losada Diéguez, Peña Novo, Porteiro Garea, Viqueira, Risco e Cabanillas. Os estudos que eles propoñen encamiñanse a demostrar a necesidade que Galicia ténde a conseguir unha autonomía integral, política, que remova os obstáculos que a impiden gozar dun lugar destacado no mundo, obstáculos que proceden única e exclusivamente da dependencia económica, social e política do país con respecto a España.
Exemplifican esta dependencia con varios casos que estudan con estraordinaria lucidez como pode ser o de o millo o a madeira.
Por iso e necesario que Galicia adquira a súa condición de nación e que dentro das competencias pactadas co Estado poida lexislar en materia de tasas alfandegarias, poida organizarse administrativamente conforme aos seus usos e conveniencias. Así o testifica o manifesto da Asamblea Nacionalista de Lugo, celebrada o 18 de novembro de 1918.
Os das Irmandades da Fala eran intelectuaís, profesionais; non había obreiros nin campesiños. Tampouco  había alta burguesía ou oligarquía latifundiaria. Estaban convencidos de que os problemas de Galicia tiñan que resolverse en Galicia, é dicir creando unha clase política esclusivamente galega que marcase o rumbo do futuro político do noso pobo.
Os das Irmandades tamén insisten na necesidade de crear redes ferroviarias por toda Galicia ata o sitio maís escondido, incluso con estradas e camiños veciñaís. Estaban obsesionados por situar a Galicia nun contexto capitalista, por crear unha clase burguesa na vanguarda do pobo, por elevar a cultura galega, por xeneralizar o idioma como fronteira política.
Neste sentido insisten dende A Nosa Terra, o seu xornal, e dende o Noroeste, periódico que compran con axuda económica catalana.
O fracaso político nas confrontacións electoraís de 1918, significa o lonxe que estaban os seus delineamentos do que pensaba a masa popular. E certo que a maquina caciquil traballoú a todo rendemento para imposibilitar o bo éxito das Irmandades. Maís non é menos certo que toda a súa boa vontade non foi capaz de movilizar a opinión pública.
O grupo formado por Risco, Losada Diéguez e o primeirizo Otero Pedrayo, aproveitará este fracaso para sortear o movemento cara a illas culturaís. A morte de Porteiro Garea e o fracaso electoral de 1918 e 1920, deciden que na Asamblea de Vigo e logo na de Monforte se faga declaración de apoliticismo das Irmandades. Pechábase desta maneira unha época e abríase outra culturalista, a coñecida por “Grupo Nós” ou “Xeración Nós”. O nacionalismo ficaba reducido a unha revista, a unha illa dourada e tranquila, afastada do tumulto da rúa e da vida. No cume estaba Risco.



sábado, 21 de abril de 2012

OS INICIOS DO CACIQUISMO E A IMPLANTACIÓN DO SISTEMA CACIQUIL EN GALICIA DURANTE A RESTAURACIÓN.


PACTO ENTRE A ALTA BURGUESIA E OS RENDISTAS:
A RESTAURACIÓN. (1875-1931)
 En Galicia a Restauración foi un gran pacto entre a  alta burguesía e  a oligarquía rendista. Créanse familias de representación política nas Cortes, nombres como Montero Ríos, Riestra,, manteñen  a os seus amos na cúpula do poder. A Restauración  é   a paz, a tranquilidade, mais tamén a vergoña nacional. O sistema funciona grazas a o caciquismo, que tén nas eleccións a súa xustificación e nos concellos a súa forza.

A IMPOSIBILIDADE DUNHA REFORMA AGRARIA.
            O pacto funciona , mais sobre todo no sector primario, onde residen os intereses máis fortes. Mentras certo sector da burguesía presenta proxectos de reforma do sistema foral, a gran masa parlamentaria galega, bloquea sistemáticamente toda reforma.
Esta representación parlamentaria, dirixida por Montero Ríos ,Marques de Ríestra etc, movilizaránse sempre que os intereses dos seus privilexiados sexan postos en cuestión. Os xornais ínforman da súa mediación ante os poderes públicos cada vez que os intereses do gran comercio transatlántico, estean ameazados por calquera medida política.
A DEFENSA DO SISTEMA: O CACIQUISMO
A lei electoral do 28 de decembro de 1878 volvéu a imponer no Estado Español  o sufraxio censitario, na provincia da Coruña soamente podían votar 28.000 persoas  a partir de 1878.
O sistema funcionaba conforme ao turnismo imposto en Madrid por Cánovas e Sagasta.nas elecciós de 1879 de 14 diputados, os  conservadores obteñen10. Nas elecciós de 1881, os liberás obteñen 10 de 14. A simetría é total.
Estes datos indican unha realidade : o caciquismo. O campesiñado galego vive nun mundo que tanto polas condicións socio-económico,como pola superestructura creada obriga a una dependencia en forma de clientela. É todo o sistema caciquil. A relación patrón-cliente se basa no intercambio de bes e servicios,,ao desenvolverse entre persoas de desigual poder económico e influencia, a capacidade de negociación non é igualitaria. O que o cliente reclama  do cacique son beneficios concretos e divisibles (una licencia de obra, un permiso militar para un fillo, o retraso dun pago etc. ). Por outro lado o que o patrón reclama son respostas globalizadas e que sirvan para unha ideoloxia. O cliente pide para él, e o patrón pide pa unha “ Causa”.
 O sistema electoral funciona grazas ao sistema municipal. O axuntamiento ou concello é a peza clave. No concello son os alcaldes  e os secretarios os encargados de implantar o sistema.
As atribucións que aos alcaldes se conceden son explicables nun contexto en que o poder central tén completa confianza e seguridade nos municípios.
Cando se acercan as elecciós, o concello convértese na central do partido no poder. Unha densa rede de espionaxe, de presións e de persecucións , precede o día das urnas. Todo un muséo de horror electoral.

UN FACTOR DETERMINANTE NA REACTIVACIÓN DA ECONOMÍA GALEGA: AS REMESAS DE DIÑEIRO AMERICANO.


Desde os últimos anos do S.XIX, e especialmente no S.XX, tanto o campesiño como o mariñeiro mostran unha particular capacidade de reacción indicadora de que algo está a cambiar.
Os puntos máis significativos son:
1.- O acceso do campesiñado á propiedade da terra.
Ata 1926 o acceso está obstaculizado pola rexa oposición dos rentistas, o que provoca a movilización agraria galega, con gloriosa historia. O acceso soamente é posible comprando a terra a alto prezo. A segunda etapa comeza cando Primo de Rivera, decide por lei a redención foral en 1926. A operación de traspaso de propiedade, non foi custosa, e todo fai supoñer que se pagóu con cartos procedentes da emigración.
2.- Transformacións técnicas na agricultura:
Foron poucas e lentas, pola falta de capital para a adquisición de instrumentos e motores. Nesa lentitude transformadora non estivo ausente, a prudente reserva do galego ante todo aquelo que puidera alterar as virtudes da agricultura; así a introducción de abonos químicos foi paulatina e non se xeneralizou ata que o labrego comprobóu que a terra non sofría coa aplicación química.
3.- Producción para o mercado:
Dous feitos coincidiron en acelerar o desenvolvemento do sector cárnico, no que se especializóu a agricultura galega do século XX: o remate da vía férrea que une Galicia con Castilla e o considerable aumento da demanda de carne como consecuencia do fortísimo incremento poboacional de cidades como Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia, Zaragoza, etc. Os beneficios deste importante comercio esténdese ou distribúense ao campesiñado, mais os verdadeiros beneficiarios serán os do pequeno sector de mediadores que actúan no negocio desde os últimos anos do XIX. Todo fai pensar que un sector do campesiñado realiza no XIX a conversión da súa agricultura familiar nunha empresa de tipo capitalista. Este sector de labregos-propietarios vivía aínda nas aldeas e iniciaron a produción de cara a cubrir a demanda de carne esportándoa a Inglaterra, Portugal e, máis tarde, ao resto do Estado Español. Despóis deixaron de ser directamente labregos para converterse en chalantes de feira, chalantes de importancia. Cando se abríu o comercio con España por ferrocarril, xa eran intermediarios, pasaron a vivir nas cidades, diversificaron a súa inversión.
Esto podería denominarse como o currículum de moitas fortunas galegas, hoxe dedicadas a outros negocios, que empezaron na terra, coa vaquiña, e que ao mellor remataron nas pescaderías.
Para documentar a participación galega na produción cárnica temos os seguintes cadros tomados do Anuario Estadístico Español.

ANO 1918 (en unidades)

Bovina
Lanar
Caprina
Porcina
A Coruña
494.274
89.491
34.964
266.294
Lugo
359.016
93.310
40.673
429.555
Ourense
200.529
120.564
44.198
204.572
Pontevedra
206.908
38.490
21.573
137.936
Galicia
1.260.727
341.855
141.408
1.038.357
E. Español
3.718.189
20.521.677
4.298.056
5.151.988
Porcentaxes de Galicia con respecto ao Estado Español:
                                               33,90                    1,66                     3,29     20,15    


ANO 1929 (en unidades)
A Coruña
351.500
68.900
27.200
148.900
Lugo
519.300
332.700
142.900
492.200
Ourense
165.100
246.600
104.500
107.000
Pontevedra
111.500
53.000
25.800
81.500
Galicia
1.147.400
701.200
300.400
829.600
E. Español
3.659.600
19.370.400
4.525.000
4.773.400
Porcentaxes de Galicia con respecto ao Estado Español
                                                    31,35                    3,61           6,63         17,37

4.- A frota pesqueira de Galicia no século XX:
Outro feito moi destacable é a aparición dunha frota pesqueira galega a partir de 1905, especialmente na Coruña e Vigo. Estudios e investigacións demostran o ritmo crecente tanto na construcción de barcos como no aumento da tonelaxe e na aplicación do motor, o que permite unha pesca de altura generalizada. A demanda crecente de peixe, tanto no mercado galego como no español, acelera o desenvolvimiento deste sector. Así surxe unha capa social mariñeira independente da fábrica, un sector autónomo en certa maneira, con gran porvir na economía galega. En base a este desenvolvemento está un capital de procedencia aínda non ben aclarada. Todo fai pensar, que son as remesas de diñeiro provintes de América e certas inversións dos beneficios do comercio cárnico os que explican a aparición dunha actividade que require fortes capitaís.
A modo de conclusión decir que as remesas de diñeiro de América parece que teñen que estar na base dunha compresión histórica desde proceso de reactivación de gran parte dos sectores económicos de Galicia.

martes, 17 de abril de 2012

SITUACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DOS LABREGOS DURANTE O S.XIX.

1.- Diversificación da situación

Unha estratificación elemental dos labregos permite facer as seguintes divisións:

Os caseteiros: son aqueles que só dispoñen dunha caseta ou casa moi humilde, cun par de ovillas e catro galiñas. Traballan a medias un pedazo de terra e levan as ovillas ao monte común. As veces son zapateiros, carpinteiros. Posiblemente tería un caseteiro cada lugar de 15 a 20 veciños. A modo de curiosidade, decir que a día de hoxe se visitamos unha aldea que conserve a súa estrutura primitiva, atoparemos unha caseta, actualmente habitada ou non, era do caseteiro.

Os caseiros: son os que traballan un lugar acasarado alleo, pagando ao dono a cantidade estipulada, que era a metade de todo o producto. A súa estabilidade é tan relativa que, se non hai contrato que fixe a duración, o caseiro pode ser botado sen máis trámite que un aviso previo dalgúns meses.

Os foreiros e arrendatarios: traballa a terra doutro, cunha diferencia significativa: mentres o foreiro adquire unha case-propiedade sobre a terra ata o punto de poder hipotecala, deixar en testamento, vender,…no caso do arrendatario debe ser abandonada no prazo fixado e na mesma condición en que se tomóu.

Os propietarios ricos: ante o campesiñado e os fidalgos hai unha capa social que xoga o papel de protagonista na sociedade galega do XIX. Son os campesiños que posúen e traballan as terras máis productivas, que posúen terras propias aforadas ou arrendadas a outros campesiños, e polas que reciben rendas. Teñen gando propio e gando en parzeria. Son os que procuran que algún fillo estudie na universidade ou para crego. E fan o posible por construir unha casona ou edifican moitas dependencias contiguas á casa.

2.- Situación económica

Somente foron capaces de resistir o difícil e duro século XIX os propietarios e certos campesiños. Varias circunstancias van concitarse contra o campesiñado. O endebedamento é a saída obrigada para gran parte dos labregos. A presión tributaria e a súa necesaría monetización, agravaron a situación obrigando o campesiñado a producir para un mercado. De aquí que o campesiñado medio pasóu fame e tivo que emigrar.

Somente unha capa social resistíu satisfactoriamente e melloróu o seu estado: os propietarios ricos. Verifican algo así como un inicio da reforma agraria cando deciden redimir as rendas, liberando así as súas terras. A desaparición da renda foral permítelles producir a custos máis baixos, concedéndolles uns índices de beneficios que posiblemente se reinverten no gando. Na década dos 60 hai síntomas dun importante comercio gandeiro de Galicia con Portugal e con Inglaterra. E lóxico pensar que esta capa social será a beneficiada pola exportación a Europa e, a partir da construcción do ferrocarril que unía con Madrid, pola exportación a España.

A gran masa campesiña sobrevive a duras penas. Soamente atopa na emigración unha solución desesperada.

3.- Os comportamentos sociaís dos labregos

Unha sociedade como a campesiña galega, económicamente estancanda, cunhas relacións de produción típicamente feudal, tén que manter paralela ou consecuentemente uns comportamentos superestructuraís propios dunha sociedade tradicional.

Relixiosidade: os labregos manteñen un corpo de crenzas que foi mínimamente alterada polo dogma católico, a pesar dos intentos eclesiásticos de monopolizar o fenómeno religioso.

A depuración das crenzas ou aderencias non cristiás arredor deste dogma no só non foi posible, senón que tal impureza foi mantida e favorecida pola Igrexa. Non debemos esquecer que o culto funerario pasaba necesariamente por un pago de tasas,…

En campos como o do santoral, a integración tamén se verificóu. Producense mecanismos inventados en Galicia como por exemplo o santoral como remedio, solución e medicina.

Se temos en conta que o mundo das crencias dos labregos está poboado de seres é lóxico que os labregos procurasen defensas na mesma categoría mítico-máxica.

Onde a integración non foi tan fácil é no ámbito institucional. A Igrexa procuróu monopolizar toda manifestación relixiosa do galego pola vía do convencimiento pola da coación. En canto as leis liberaís abriron un pouco a man, a xente deixaba de pagar os desmos e as oblatas. E decir o apoio económico á Igrexa non surxía dun convecimento, senón dunha obriga. Penso que entre o pobo galego e o clero nunca houbo fácil integración.

Formas de convivencia: típico das sociedades primitivas é o réximen comunal. Este abunda na Galicia no século XIX.

A preponderancia en Galicia da aldea ou agrupación de casas e a parroquia como forma superior de convivencia, patentizan a permanencia destas formas de vida comunal. E decir tamán nesto nos movemos no marco da sociedade primitiva, no que se encadra a sociedade galega da maior parte do século XIX.

PROBLEMÁTICA SOCIAL DOS MARIÑEIROS NO S.XIX.

Non é fácil falar desta clase social, desasistida, dunha atención investigadora que permita trazar as liñas fundamentais da súa situación e comportamentos.

As casas dos mariñeiros sempre dispuñan, ou soían dispor, dunha hortiña; traballána as mulleres, e fornecían as patacas e as coles complementarias da alimentación. Xunto cos remos, en cada casa había un legón. E difícil imaxinarse un mariñeiro puro até a pesca se converteu nunha profesión permanente.

casas dos mariñeiros

1.- A conflitividade social

Os mariñeiros galegos matriculados no mar monopolizan a pesca desde 1748. As continuas e longas guerras volveron inútil este monopolio. Chegaron os catalás con novas redes barredeiras e estalóu o conflito. As loitas inzaron. Recurríuse ás autoridades, que empezaron a mover a gravosa burocracia por medio de informes e contrainformes que prolongaron a situación. Recurríuse á forza e á violencia. As redes catalás foron desfeitas en varias localidades; os catalás foron escarnecidos, e no ano 1812 a masa galega, enfurecida, queimóu e arrasóu seis fábricas entre Muros e Portosín.

A insatisfación dos mariñeiros foi canalizada e forzada por unhas minorías que se opuñían tenazmente á penetración do sistema capitalista en Galicia: o clero e a fidalguía. E un síntoma notable que, ao mesmo tempo que os mariñeiros estragan as redes das xábegas catalás, os campesiños de Cervo, Sargadelos e outros pobos, destrúen a fábrica de Ibáñez.

Por outra parte os mariñeiros de Muros, según a Carta Apologética, atacaron as fábricas entre as balas dos sesenta fusiles y do intento dos catalás, queimando todo o que atopaban ao paso. Clero e fidalguía preparánse xuntos para imposibilitar a transformación da sociedade que dominaban.


2.- As fames periódicas

As fames eran singularmente frecuentes na costa. O labrego tiña terra, hortas, patacas, millo, ou en calquer caso podía pedir empréstitos sobre a mesma terra que cultivaba. Cando o mal tempo duraba varios meses e o peixe salgado da lagareta se esgotaba, cando xa o porco estaba máis comido, a fame difundíase pola costa. E da fame pronto se pasaba ao cólera.

3.- A proletarización do mariñeiro

A loita contra os catalás era totalmente desigual. Pouco a pouco os mariñeiros, cada vez máis desasistidos do apoio do clero e da fidalguía, reducidos a defenderen os postreiros bastiós, fóronse entregando aos catalás. Traballaban para eles comprometéndose a facer a costeira coas redes catalás, nos botes catalás e dándolles toda a pesca. O precio fixado era moi baixo. Así, aqueles mariñeiros galegos, libres como o seu mar, convertéronse en traballadores da fábrica que os ocupaba e lles vendía nos comercios da mesma fábrica os productos precisos, non excluida a augardente, que entraba en Galicia sen control ningún.


Mais tamén os catalás coñeceron a súa crise. A alza extraordinaria dos custos do sal, e a política económica proteccionista dos gobernos moderados, abocaron as fábricas a unha crise total. Foi entón cando no decenio 1850-60 a fame se fixo devastadora. Os mariñeiros ficaron sen redes, sen barcos e sen fábricas. Desta crise saíron os catalás no Sesenio. Os mariñeiros non ergueron cabeza ata a chegada de remesas de diñeiro de América, que lles permitiu compraren novos barcos e redes e comerciar coas vilas e cidades principias, xa con independencia das fábricas.