martes, 31 de enero de 2012

Os irmandiños en Galicia.

Grandes mosteiros,catedrais e igrexas fixéronse, durante a Idade Media, donos da maior parte das terras cultivables de Galicia por mor das donacións de reis e particulares a cambio de obte-la salvación das súas almas e a protección da igrexa. As familias nobres dispoñían de extensas propiedades exercendo o señorío sobre vastos territorios. A meirande parte dos campesiños dependían dos señores ós que debían entregar foros, impostos e todo tipo de servicios.
A ós campesiños pedíanlles insoportables impostos, baixo todo tipo de ameaza, chantaxe e violencia se era preciso.
Protexidos polos muros dos castelos, señores e cabaleiros saqueaban a comerciantes e camiñantes, raptaban homes e mulleres para pedir rescate, tomaban ó asalto a cidades, vilas e aldeas, todo para ver aumentadas as súas rendas. A morte dos homes, a destrucción das colleitas completaron un clima de guerra permanente: era preciso facer algo.
Para facer fronte a estes abusos, violencia e mortes, xurden movementos de carácter popular; xente humilde das cidades, do campo, pero tamén membros da pequena nobreza-fidalgos-ou do clero-cregos, que contaron co apoio do rei.
No 1431, labradores da comarca de Ferrol e Pontedeume levántase contra Nuño Freire
de Andrade - o Mao- ó decretar éste unha forte subida de impostos para sufragar los gastos que lle supoñía a hospedaxe de D. Enrique – Infante da Casa Real- que por aquel entón pasaba por estas terras camiño de Santiago.
De 3000 homes que saíron de Ferrol , continuamente ían sumándoselles labregos das terras veciñas e incluso de Mondoñedo e Vilalba, ata sumar uns 10.000. Os irmaos-ou irmandade Fusquenlla- como se lles chamaba na zona, percorrían as terras do señor asolando todo ó seu paso: talaban bosques e derrubaban fortalezas, pazos e casas feudais. Comandados por un fidalgo de Ferrol chamado Roi Xordo, chegaron a Santiago onde foron derrotados por tropas nobiliares e arzobispais. Así rematou a chamada -Primeira Guerra Irmandiña-.
Queda así constituída a dirección e estructura levada a cabo entre 1465 e 1466 entre tódalas vilas e cidades de Galicia. Cada cidade ou vila contaba cun alcalde de irmandade encargado de xulgar ós malfeitores e bandidos , escollíanse ós cuadrilleiros responsables de dirixir as cuadrillas de cada vila, non só para perseguir ós delincuentes e prendelos, senón para derrubar fortalezas..
En cada comarca elexíase un procurador ou deputado, que nas Xuntas Xerais, celebradas en Santiago, Melide e Lugo, coordinaban iniciativas. Estas comarcas ou zonas, configuraban unha rede que cubría toda Galicia.
Ó final chegaron a constituírse tres grandes exércitos de milicias populares: Pedro Osorio, fillo do Conde de Trastámara, dirixía o primeiro desde a súa base de Santiago. Alonso de Lanzós, Señor de Louriña, vencellado á casa dos Andrade, comandaba ó segundo, que operaban nas zonas de Mondoñedo-Ferrol e Betanzos- Coruña; e na Galicia Sur, Diego de Lemos, era o responsable das actuacións. Estes capitáns –así denominados- eran nobres segundóns perxudicados no sistema de herdanza nobiliar, que intentaban mellora na súa posición encabezando ás Irmandades. Para financiar esta estructura política y militar en cada localidade,onde había un centro irmandiño,unha arca da irmandade como fondo de ingresos. Tódalas casas tiñan a obriga de contribuír. Ademais os fondos víanse incrementados polas aportacións de Cabidos e Concellos: o Cabido de Ourense donoú en 1467 , vintecinco mil maravedíes,e o de Santiago catro mil.
Os Irmandiños, elaboraban informes sobre os agravios, e abusos recibidos pola poboación para remitirlle a o rei ou á Irmandade Xeral do Reino de Castela a fin de consegui-la autorización legal das súas actuacións.
Por outra banda,conminaban ós nobres e bispos a entrega- las fortalezas, pois delas emanaba a meirande parte da violencia e bandadismo. Se non había acordo chegábase ó derrocamento das mesmas. Os alcaldes da Irmandade levaban as varas da xustiza onde figuraba unha saeta pintada.
A primeira fortaleza derrubada foi o castelo Ramiro do bispo de Ourense en 1467. Logo no prazo dun ano por efecto de euforia e contaxio popular, derrocáronse case tódalas fortalezas, quedando tan só de pé o castelo de Pambre da casa de Ulloa.
O procedemento para botar abaixo a fortaleza era “deitala polo pé”: abríanse brechas nos muros, metíanse puntais, cuñas e estacas de madeira e prendíaselles lume ata conseguir que ardera dentro dos muros.Deste xeito, as paredes ían cedendo ata que se viñan abaixo.
A nobreza galega houbo de refuxiarse en Castela, conseguindo os apoios políticos e militares necesarios para reorganizarse e conformar un potente exército baixo a tutela de Pedro Álvarez de Soutomaior, alcumado Pedro Madruga..Como ademais estaba casado con Teresa de Táboa, durante a súa estancia de refuxiado en Portugal,recibiu o apoio da monarquía lusa, recrutando un nutrido exército de mercenarios.
Os irmandiños experimentaban divisións internas: a fidalguía, que xogara un papel dirixente,afastábase dos sectores máis radicais –campesiños- igual que os burgueses.
Na primavera de 1469, a nobreza mandada por Pedro Álvarez de Soutomaior, o arcebispo Alfonso de Fonseca o Xoán Pimentel, conde de Benavente, derrotaban ós irmandiños de Pedro Osorio no Monte Almáciga á carón de Santiago. Logo, reforzados polas casas de Andrade, Moscoso, Ulloa e Mariñas, tomaron Pontedeume, onde estaba Alonso de Lanzós;por último, convenceron a Diego de Lemos para que depuxera as armas: a sorte dos irmandiños estaba botada.
A continuación a feroz represión; na casa dos Andrade eran axustizados Pedro Osorio e Alonso de Lanzós, os campesiños eran de novo obrigados a pagar fortes impostos e forzados a reconstruí-las fortalezas, de materiais máis resistentes para resisti-los embates dunha artillería que se estaba abrindo paso como nova estratexia bélica.
De novo mandaba a lei do señorío; pero os esforzos non foron en balde; a semente estaba prendida para os vindeiros séculos; o fin do oscurantismo, o camiño para o renacemento dunha nova forma de vida, o pensamento ilustrado e o derrocamento dos sistemas autoritarios e represivos que darían paso á instauración das democracias, estaba dando os seus primeiros pasos.


domingo, 29 de enero de 2012

IDADE MEDIA: RECONQUISTA E REPOBOACIÓN.

OS INICIOS DÁ RECONQUISTA:
Ás tropas musulmás, instaladas na Península a comenzos do século VIII, tardaron pouco tempo en dominar o país xa que contaron con moitos apoios e souperon conceder a os novos súbditos libe
rtade relixiosa e autonomía administrativa. Estes, tras varios intentos de enfrontamentos cos novos amos dá Península, tiveron que optar por refuxiarse nas rexións de Asturias e Galicia, ou no veciño reino dos francos.
Entre os emigrados atopamos a Pelaio, un antigo membrogarda de Rodrigo. Pelaio fuxe a Córdoba e refusiaxe nos montes de Asturias, onde consegue que unha asemblea rural o declare xefe no 718. El e os seus eran para Córdoba un
grupo rebelde.
Constituído un núcleo opositor na Cornisa Cántabra, este limitase a defenderse e paralelamente, no este peninsular, os francos creaban un sist
ema coñecido como Marca Hispana, que non é mais que a creación dun espazo político a fín as proximidades e que tendria a función de servir de parachoques a os francos, no caso dun intento andaluz. Na area pirenaica, navarros e vascos neganse a submisión contra os islamicos, pero traballando cada un deles illadamente.
No ano 840, o recen nacido reino de Ast
urias, ten un crecemento poboacional que se transloce na necesidade de novos territorios, obtidos sobre a base de ocupar aqueles que habian sido abandoados polos islámicos.
A estrutura do reino astur favoreceu a creación de demarcacións, condados,…, pero este, ainda sendo vasalo do reino astur, soubo
crear condicións atraintes para todos aqueles habitantes de asturias descontentos. No século XI, o condado castelan pasa a depender de Navarra, pero volve a ser independente no 1035. Trala súa configuración como reino, producese un paron que é aproveitado como reestruturación interna, e que parece mostrar o abandono dá idea expansionista por parte de Castela, ainda que non vai ser así.
No area de navarra xorde un reino que chega ata actual Tudela. Todo isto coincide co principio do fin do Califato: a debilidade interna.
O século XII: o século aragonés
En torno o condado de Ribagorza, arti
cularase o futuro reino aragonés.
Do reino aragones, o monarca mais coñecido é Alfonso I o Batallador. Trala morte de Alfonso, o seu reino pasa o seu irmá, que pretende dividilo.
A saida dá crise veu dá man doutro irmán de Alfonso, Ramiro II, o monxe, quen volve ás cousas o seu sitio, e culla filla casa con o Conde de Barcelona, creando ás bases para que o neto de Ramiro II reine sobre Aragon e Barcelona a un tempo.
O Reino de Leon.
Trala perdida dá zona castelá pola escesión
de Fernan Gonzalez, Leon quedou constituído por Asturias, Leon propiamente dito e Galicia. No século XIII, unha unión matrimonial entre Castela e Leon provocou a fusión de ambos os dous reinos baixo Fernando III.
Galicia.
A mediados do VIII, o territorio é tomado polo monarca Astur-leonés e nel asentanse moitos familiares dá casa real, nobres e relixiosos, o que dar
a a sua estrutura social con connotacións feudais. No século XI e tamen no XII, terán lugar loitas internas que desembocaron na independencia de Galicia, que dura 100 anos e remata coa volta a obediencia leonesa; pero sen unha dás zonas. O condado de Portugal, comezara dende agora a sua andaina como estado diferente e diferenciado do resto dos reinos cristiáns.
O SÉCULO XIII

A forte presion a que se somete o novo poder califal, a os estados cristians fai que estos decidan, por primeira vez, unir o seus esforzos contra o califato almohade.
Portugal, Castela e Aragón, os tres grandes reinos cristians froito de unions, desunions, enlaces e desenlaces, deciden crear unha fronte común contra o islan andaluz.
Castela é a sua politica de acercamento con León desembocou nunha union dinástica.
La mal llamada Reconquista queda paralizada hasta finais do século XIV. Mentres Portugal volcase hacia o atlantico, na búsqueda de manter en movemento a súa sociedade belica, e Aragon volvese hacia o comercio Mediterraneo, que rematara controlando en boa parte.
Herencia da Reconquista
Os xefes cristianos non tiveron constantemente unha conciencia clara do que era ou o que querian.
En todalas partes e sobre todo en Castela, as sociedades eran sociedades de combate. A gran nobreza chegou a ser mais poderosa que en outras partes e a pequena nobreza mais numerosa.
O clero forma o armazón ideoloxico, polo que a idea de Reconquista poderiamola atribuir mais a igrexa que aos poderes politicos. O clero dividese en ricos e pobres.
A guerra mantivo moi alto o prestixio da monarquia, coma para favorecer un proceso de feudalización; por outro lado, as clases populares gozaron de excepcionais favores, xa que o traballo da terra e a autodefensa esixian recompensas, coma por exemplo en Castela a concesión de Cartas Pueblas.

Núcleos de resistencia cristiá no seculo IX. Diversas fases da reconquista.

jueves, 5 de enero de 2012

Requila

Requila ou Rékhila (438-448) foi rei dos suevos dende 438 ata a súa morte, segundo monarca do reino suevo en Gallaecia.
Subiu ao trono en 438, asociado ao poder polo seu pai
Hermerico, enfermo, para asegurar a sucesión. Cando este morreu en 441 converteuse en único rei dos suevos. Á súa morte en 448 sucedeulle o seu fillo Requiario.
Biografía
Pagano, adoptou unha actitude moi agresiva contra a poboación hispanorromana e a
Iglesia Católica. Enfrontouse aos bispos e favoreceu o clero priscilianista. Asinou un novo Foedus con Roma e alianzas cos Bagaudas, grupos bandoleiros moi organizados formados por campesiños empobrecidos, escravos fuxidos, desertores e toda clase de opositores á sociedade romana, que asolaban o val do Ebro. Dirixiu diversas campañas por Lusitania e a Bética, retornadas ao poder romano tras as campañas do visigodo Walia e o paso dos vándalos silingos a África.
A beiras do río
Genil derrotou o xeneral romano Andevoto en 438, conquistando Mérida ao ano siguiente. Rékhila apoderouse dun gran botín de ouro e prata. Sorprende como un pobo modesto puido poener en xaque o imperio.
Conquista de Mérida
Tras facerse co poder emprende unha campaña militar internándose ata terras da
Bética oriental. No ano 440 asedia e consegue a capitulación da cidade de Augusta Emerita, capital da Lusitania onde acode enviado polo Imperio enviou o conde Censorio co obxectivo de logar un acordo, pero o legado foi feito prisioneiro nesta cidade. A cidade de Mérida quedaba incorporada ao reino suevo.
Conquista de Sevilla
Requila continuou coas súas campañas de conquista, e en 441 apoderouse de
Sevilla. Durante o seu curto reinado o reino suevo alcanzou a súa máxima extensión e chegou a facerse dono de Gallaecia, Lusitania, a Bética e parte da Cartaginense (boa parte das actuais Andalucía e Castilla-La Mancha, así como todo Portugal, Galicia e Extremadura). Só a Tarraconense e a costa levantina, aínda baixo dominio imperial, escaparon ao seu control, aínda que realizou incursións neses territorios.
En 446 chegou á Península o xeneral romano
Vito cun grande exército, formado en boa parte polos federados godos, para enfrontarse aos suevos. Non obstante, Requila derrotou as tropas romanas e Vito viuse obrigado a fuxir. Tamén houbo de enfrontarse ás incursións da frota vándala.

Hermerico

Hermerico (?-441) foi rei dos suevos entre 409 e 438, primeiro soberano do reino que este pobo bárbaro creou na península Ibérica, que durou dende 411 a 585.

Dirixiu o seu pobo dende o
Rin ata Gallaecia, onde someteu a poboación hispanorromana e asinou un foedus co Imperio mediante o cal se convertía en federado de Roma, ocupando a provincia de Gallaecia e aceptando o emperador como o seu superior (411). A parte occidental da Gallaecia foi para os suevos, en tanto que a oriental correspondeu aos vándalos asdingos, dirixidos polo seu rei Gunderico. Enfrontados ambos os dous, Hermerico foi derrotado polos vándalos e os alanos na batalla de los montes Nervasos, na actual provincia de León. Non obstante, coa axuda romana conseguiu derrotar estes inimigos e acantoalos na Bética.

Segundo
San Isidoro rexeu durante 32 anos o destino do seu pobo (406-439), un pobo barbárico menor, tanto dende o punto de vista demográfico como militar, a súa poboación pódese estimar entre 30.000 e 40.000 persoas. O establecimento dos suevos, segundo escribe Idacio, fíxose sobre unha poboación galaico-romana que retivo no seu poder as fortalezas máis seguras. No ano 430, o seguinte á saída dos vándalos de Hispania, Idacio rexistra enfrontamentos pola Gallaecia media que obrigan a Hermérico a facer a paz, paz que se conviete nunha breve tregua, circunstancia que obriga a Idacio a acudir ás galias en busca da protección de Aecio. Idacio regresa a Galicia o ano 432 acompañado polo conde Censorio, en calidade de legado de Aecio preto dos suevos consigueinedo asinar en 438 un foedus cos suevos. Foi entón cando asociou ao seu fillo Requila ao trono xa que se encontraba enfermo. Falece no ano 441.

Os Suevos


Orixinarios dunha zona próxima ao mar Báltico, foron chamados así polos romanos, pois chamaban Mare Suebicum, a ese mar que os albergaba, aínda que con esa denominación comprendían tamén outros pobos xermanos residentes nas proximidades.
Ao comezar a desprazarse, ocuparon a actual Alemaña, onde unha rexión tomou o nome de Suabia. Algúns grupos separáronse do madeiro común e denomináronse
alamanes, que darían o nome ao país de Alemaña.
O seu primeiro rei foi Hermerico, que gobernou entre os anos 409 e 438. Estes reis tiveron grandes atribucións, de tipo político, económico e militar.
Hermerico cruzou o río Rin cos seus homes, nos comezos do seu reinado, xunto a outros
pueblos bárbaros, chamados así polos romanos por residir fóra das fronteiras do imperio, e infiltráronse neste, saqueando e asolando os poboadores da Galia.
Ameazaron as cidades de Aquitania, atravesaron polo oeste os Pireneos e ingresaron en Hispania. Foi un camiño de morte e destrución, aniquilándose a vida familiar e económica dos poboadores romanos. No ano 411 apoderáronse da provincia noroccidental da Península Ibérica, chamada Gallaecia, sometendo os seus poboadores, e destruíndo a anterior cultura romana. O emperador romano, Honorio, asinou con eles un pacto onde os suevos recoñecían a autoridade do emperador romano e se convertían nos seus federados. Correspondeulles a parte oeste da Gallaecia, mentres que aos
alanos o leste. Os Vándalos, venceron aos suevos, dirixíronse á Baética, e logo cara á África romanizada.
No ano 438, asumiu o reinado o fillo de Hermerico, chamado Requila, como asociado ao trono, pola enfermidade do seu pai, que asumiu como monarca único tras a morte do seu pai no ano 441. Tivo unha actitude conquistadora e moi hostil, tanto cos poboadores da Hispania Romana, coma coa igrexa (os suevos eran pagáns).
Os marxinados o imperio, escravos fuxitivos, campesiños empobrecidos, debedores, desertores, agrupáranse en bandas que asolaban o imperio, e a elas uniuse este rei, para lograr os seus propósitos expansivos. En vida aínda do seu pai (ano 439) logrou conquistar Mérida e tres anos despois, Sevilla. Case toda Hispania quedou baixo o seu mando, salvo a costa levantina e a Tarraconense. No ano 446 derrotou o xeneral Vito, das forzas romanas, que intentou reconquistar o territorio.
Foi sucedido polo seu fillo Requiario, logo do seu deceso acaecido no ano 448. Este rei chegou aínda acordo cos romanos, aos cales lle entregou a Cartaginense, ao centro e sueste da Península. Isto só durou tres anos, xa que logo dese lapso intentou retomala, pero foron derrotados polos visigodos, federados romanos, os que asasinaron o rei suevo. O visigodo Agiulfo, home de poucas condicións morais, que demostrou realizando toda clase de atropelos, foi designado rei dos suevos, polo rei visigodo Teodorico II. Maldras rematou coa súa vida, e asumiu o poder, para ser asasinado no ano 459. O seu fillo Remismundo ocupou o trono, logrando pacificar e unificar o reino, convertendo o seu pobo á relixión arriana, cristiá, pero declarada herexe polos católicos, por non identificar cristo coa divindade. Dende mediados do século V, e por aproximadamente cen anos, non hai datos sobre os suevos, polo que se coñece a esta época como período escuro.
No reinado de Karriarico, que gobernou a partir do ano 550, comezou a conversión dos suevos ao catolicismo. Sucedeulle á súa morte no 559, o rei Teodomiro, primeiro rei católico, que gobernou ata o ano 570. Seguramente a partir desta época xa houbo unha maior identificación coa poboación hispano-romana ao profesar igual relixión.
A penetración
visigoda a partir do ano 575, fixo que o rei suevo Miro, peticionar un tratado de paz, que se concreto no 577. No ano 578, Miro enfrontouse aos visigodos, e foi derrotado. Antes de morrer xuroulle fidelidade ao rei visigodo Leovigildo. Sucedeulle o seu fillo Eborico cara ao ano 583, asinando a paz cos visigodos. Esta paz durou pouco, pois o rei suevo foi derrocado polo seu cuñado, esposo da súa irmá, chamado Andeca, quen ademais do trono lle arrebatou a súa muller. No ano 585, o rei visigodo Leovigildo derrotou o rei suevo Andeca, apoderándose do territorio e dos seus bens, impoñendo novamente a relixión arriana.
Os suevos intentaron unha sublevación para impoñer o seu propio rei, de nome Malarico, pero nada puideron facer ante a superioridade dos visigodos

martes, 3 de enero de 2012

Escudo da cidade de Coimbra.


Escudo de armas da cidade de Coimbra na súa configuración do século XV. Segundo unha lenda local atribuída a Bernardo de Brito, o dragón heráldico representaría o emblema do rei suevo Hermerico, mentres que o león sería o do rei Ataces dos alanos. Estes símbolos foron considerados pola comisión da Catedral de Lugo, segundo testemuña un documento presentado o 15 de febreiro de 1669 á Xunta do reino e recompilado en 1927 polo historiador Pablo Pérez Costanti, na súa obra "Notas Vellas Galicianas", editada pola Xunta de Galicia, durante o debate sobre os símbolos do Reino de Galicia:
(...) de aquí tivo principio e orixinouse borrar o Dragón verde e León vermello (armas dos Reis suevos que ao tempo tiñan neste Reyno a súa corte), e trasladar ao dourado campo do escudo das súas armas, a Hostia, non dentro de vaso Sacramental oculta (...)

Obispos no reino suevo nos tempos da súa anexión polos visigodos.

Estatua de Martín de Braga, en Braga, Portugal.

A sede metropolitana encontrábase na cidade de Bracara Augusta, tendo como sufragáneos 13 bispados:

Britonia: esta sede foi mencionada por primeira vez polas actas do Concilio de Braga, celebrado en 561.
Lucus Augusti.
Laniobrense: a basílica de San Martín de Mondoñedo pertence ao municipio de Foz (Lugo, España). Está considerada como a catedral máis antiga de España, xa que no século IX foi sede de dous bispados, un trasladado dende Dumio, en Portugal, e outro trasladado dende Bretoña, en Lugo.
Iria Flavia: sede episcopal dende o Baixo Imperio e con suevos e visigodos, ata que Alfonso II trasladou o bispado a Santiago de Compostela.
Tudae, cuya sede episcopal se documenta dende o século V, aínda que, segundo a tradición, fundada por San Pedro de Rates, discípulo de Santiago apóstolo. Ao apoderarse Leovigildo do reino suevo, o bispo Neufila é perseguido e deposto polo rei, quen introduce na sede o bispo arriano Gardingo.
Auriensis: en 433, un bispo de Ourense foi consagrado en Lugo, aínda que en 572 se encontra a primeira noticia ao participar o bispo Witimiro no Concilio de Braga.
Asturica Augusta: a Diócesis de Astorga data do ano 254. A metade do século V, o bispo Santo Toribio, que loitou contra a herexía priscilianista e restaurou os templos destruídos polo visigodo Teodorico II, trouxo de Xerusalén un fragmento da Santa Cruz, que actualmente se venera no Monasterio de Santo Toribio de Liébana
Dumiun: San Martín de Braga, tamén coñecido como Martín de Dumio ou Martín Dumiense, foi un bispo, teólogo e escritor eclesiástico hispano de orixe panónico, chamada o «Apóstolo dos suevos».
Portucale: escindida da Diocese de Braga, actual Diócesis de Oporto.
Lamecum, na cidade de Lamego.
Viseum, na cidade de Viseo.
Conimbriga: no 468, os suevos asaltan a cidade e destrúen parte da muralla, sendo trasladada a sede a Aeminium, actual Coimbra.
Egitania (Civitas Igaeditanorum): trasladada en 1199 a Guarda.

Período escuro (469-558) da entrada dos suevos na Península Ibérica e asentamento en Hispania.

Entre o 469 e 558 hai unha laguna histórica debido a escasez de fontes. Neste periodo solo consta o nome do rei Teodemundo.

Esplendor cultural suevo.

As fontes da época coinciden en recoñecelo o reino Suevo-Galaico un elevado nivel cultural, alcanzado seguramente en varios campos, aínda que fagan máis fincapé na sabedoría e destreza literaria de San Martín Dumiense.
A produción literaria de Martín Dumiense estendeuse aos campos canónico, litúrxico e ascético-moral. Case todas as súas obras teñen un destinatario concreto, o cal revela a intensa actividade intelectual que, con centro en
Dume (e en Braga cando Martín asume a dignidade metropolitana), irradia por Galicia en todas direccións, en especial ata as sedes episcopais.
Apenas máis se sabe da vitalidade artística e cultural da Galicia do século VI e padécese unha desorientación no referente á actividade construtora.
Non se pon en dúbida a transmisión ata a actualidade dunha cantidade relativamente abundante de obras menores, entre as que destacan as laudas sepulcrais, procedentes de diferentes
necrópolis (algunhas tan relevantes como as de San Martiño do Grove, e sobre todo a descuberta no subsolo da catedral de Santiago de Compostela). Xa Vide identificou as denominadas "laudas de estola" como propias do período xermánico (entre os séculos VI e VII) e hoxe en día tamén mantén Schlunk a autoría sueva, destacando a lápida procedente de Tui coa inscrición HIC REQUIESCAT MODESTA como unha das escasas mostras de escritura daquel momento. Este mesmo autor enumera pezas de ourivaría (pendentes, broches) encontradas en diferentes lugares do reino que cualifica como bizantinas, confirmación de tendencia xeral mantida no reino polo século VI, así como de contactos culturais co Mediterráneo.

O concilio II bracarense (ordenado polo rei suevo Miro en 572) inclúe disposicións relativas á construción de novas igrexas e á consagración das xa existentes, do que se deducen dúas evidencias: que moitas, en efecto, xa existían (ben dende a baixa época romana, ben dende a conversión do século V) e que ao longo do século VI se desenvolveu unha actividade construtora e reconstrutora intensa, impulsada por unha igrexa fortalecida pola monarquía católica sueva (entón os visigodos eran arrianos). Por outra parte, consérvanse testemuñas de igrexas, como a futura catedral de Orense, do 550, ou o pazo episcopal de Iria Flavia, do 572; a de San Martiño de Churío (Irixoa, Betanzos), e a igrexa de San Pedro de Rocas (Orense); demóstrase, polo tanto, que moitas das igrexas catalogadas como visigodas no territorio da vella Gallaecia ben poden ser suevas antes que visigodas.
A igrexa de Santa Comba de
Bande está catalogada como visigoda baseándose na súa análise morfolóxica, dando por suposto que o arco de ferradura é exclusivamente propio desa cultura. A continuación constitúese un grupo de construcións baixo esa catalogación: Santa Comba de Bande, São Pedro de Balsemão ( Viseu ), São Frutuoso de Montelios ( Braga ), San Pedro de la Nave ( Zamora), pero a inconsistencia cronolóxica para situalos no século VII é manifesta. Un documento de Celanova foi utilizado para datar a erección de Santa Comba de Bande no ano 672 e, a partir dese dato, considerándoo sólido, confírmanse as outras obras estilisticamente semellantes, para as que de feito por si mesmas non existe datación fixa. Desta forma constitúese un círculo vicioso, cando ademais resulta que o tal documento de Celanova non autoriza semellante cronoloxía.

De ser así estariamos en condicións de sospeitar que obras estilisticamente semellantes puidesen ser erguidas en época sueva, non visigoda, en especial aquelas de trazos máis comúns e específicos.
Os supostos motivos céltico (transmitidos posteriormente ao longo do
románico galego) falan dunha feitura autóctona, pero a influencia oriental ou bizantina cobra maior lóxica no contexto do século VI, cando os contactos do reino suevo-galego apuntaban nesa dirección e non os do visigodo. Díaz e Díaz recoñece que eses contactos establecidos pola Galicia do século VI con Oriente permiten explicar certos detalles das obras artísticas galegas. Por iso non debe estrañar que algún autor teña catalogada a igrexa de Montelios como suevo-bizantina, atendendo a un criterio tipolóxico extensible ás demais.
Sábese de sobra que o elemento estrutural máis característico destas construcións é o seu peculiar arco de ferradura, convertido en emblema da arte visigodo; non obstante, sen entrar na consideración de que suevos e visigodos chegasen a compartir o mesmo recurso arquitectónico.

Primeira etapa (ata 469) da entrada dos Suevos no Imperio Romano e asentamento en Hispania.

O aréa territorial do reino dos suevos, así como o seu centro de gravedade, foron variando co paso do tempo. Nun principio, o grueso da poboación sueva asentouse entre a desembocadura do Duero e a ría de Vigo. Tras a marcha dos visigodos da península no 481, os vándalosenfrentanse a os suevos, derrotándos na batalla de los montes Nervasos, e solo a intervención dos romanos os salva do desastre. Os vándalos abandonan posteriormente a península para instalarse en África, deixando a os suevos como o único pobo bárbaro en Hispania. Requila comezóu unha etapa de expansión, logrando ter baixo o seu control a toda a península salvo a Tarraconense, trasladou a capital de braga a capital de lusitana, Mérida, e derrotóu no 466 a Vito, xeneral romano que intentóu parar a expansión sueva. No 453 Requiario, o seu sucesor, firma a paz cos romanos entregandolles a Cartaginense, pero no 456 decide pasar a ofensiva invadindo a Cartaginense. Isto provoca a intervención dos visigodos, que derrotan os suevos na batalla del río Órbigo. Os visigodos perseguirón os fugitivos ata Braga, que saquearon e executaron a Requiario, ao que habían capturado, deixando como rei a Agiulfo que cometeu innumerables tropelías, provocando unha guerra civil que traería un periodo de caos no reino. Isto impediu a expansión do reino suevo, que a partir deste momento quedaría limitado ao noroeste da Península Ibérica.
Nos anos seguientes sucederón luchas entre distintos pretendentes ao trono, cunha activa participación visigoda, Remismundo conseguíu unificar o reino, e durante o seu reinado os suevos se convertiron ao arrianismo.

lunes, 2 de enero de 2012

Etapa final (558 -585) da entrada dos Suevos no Imperio Romano e asentamento en Hispania.

Máxima extensión do reino Suevo.
Regnum Visigothorum hacia o 560.
A península Ibérica hacio o 560.
Os suevos empezan a reaparecer na historia a mediados do siglo VI. Nesta época, o rei Charriarico o Karriarico introducíu o catolicismo, segun o testimonio de Gregorio de Tours, ao invocar a San Martín de Tours, grazas a intercesión dun fillo do rei habríase curado unha grave enfermidade, tras o cal trouxeron unhas reliquias do santo ao reino Suevo. A sustitución do arrianismo polo catolicismo puido levar a situaciones de tensión das que non houbo noticias. Isidoro cita como primer rei católico a Teodomiro .
A finales do siglo V e a principios do VI, continxentes da poboación celta procedentes de Gran Bretaña e huindo das invasiones anglosajonas instálanse na costa lucense, aproximadamente entre o río Eo e a ría de Ferrol. Esta poboación organizouse en torno a unha diocesis propia con sede en Britonia. A súa participación nos asuntos do reino queda atestiguada pola participación do seu obispo Mailoc nos Concilios de Braga dos anos 561 e 572.
No tempo de Charriarico parece haber predicado no reino suevo otro Martin, San Martín Dumiense o de Braga , logo arzobispo de Braga, de quen realizouse a conversión de moitos suevos arrianos e que influiu notablemente en Teodomiro, ao principio do reinado, cando xa se había consolidado o catolicismo estableceu varios mosteiros no reino, entre eles o de Dumium cerca de Braga, do que foi abad ata que os obispos do reino o aclamarón como obispo de Braga no 567.
No 575 Leovigildo, rei dos visigodos, penetrou nas montañas da actual provincia de Orense, que aparentemente deberían haber estado baixo o control do rei dos suevos. A cabalo entre os territorios actualmente leoneses, donde os visigodos ainda non habían establecido o seu poder antes do 573 e as terras dos suevos habian surgido dos señorios locales, probablemente iniciados depois do 457, ao debilitarse o reino suevo, e consolidados posteriormente ata lograr unha independencia efectiva.
Non se sabe se foi a consecuencia diso polo que en 576 unha guerra cos suevos, a conquista do dominio de Aspidus fora xa o primer episodio da mesma, tras a cal leovigildo continuara a súa progresión. O rei suevo Miro solicitou a paz, probablemente basada nun recoñecemento do poder visigodo nos dominion de Aspidius e outros territorios, acedendo a ela Leovigildo. Pudo influir no ánimo do rei a noticia da rebelión dos campesiños da Oróspeda Occidental. Finalmente a paz quedou firmada no 577 probablemente con un vasallaxe suevo ao reino visigodo.
Uns anos depóis o rei suevo Miro marcha co seu exército ao territorio visigodo.
Dende 583 o 584 reinou no reino suevo Eborico, hijo do rei Miro que había xurado a fidelidad a Leovigildo mediante un tratado antes de morir. Eborico firmou un tratado de paz con Leovigildo. Hacía o 584 o rei suevo foi destronado polo seu cuñado Andeca e encerrado nun mosteiro. O novo rei casou coa esposa de Eborico llamada Sisegutia.
Apenas o rei visigodo saleu do país, os suevos rebelaronse e aclamaron como rei a un noble chamado Malarico. Pero a rebelión foi sofocada por forzas visigodas, sen a necesidad da intervención de Leovigildo.

Entrada dos Suevos no Imperio Romano e asentamento en Hispania.

Os suevos estaban dirixidos polo rei Hermerico, en decembro do 406 e en compañia doutros pobos xermánicos cruzaron o río Rin, que estaba xeado, a altura de Maguncia, penetrando no Imperio romano. Durante dous anos movéronse as suas anchas polas Galias, dedicándose ao saqueo e pillaxe. No 409, xunto cos vándalos e alanos penetraron en Hispania, atravesando o Pirineo Occidental. Estos pobos asolaron o norte da península, ata que no 411 os suevos e vándalos asdingos asentáronse na provincia de Gallaecia, firmando un pacto(foedus) co emperador Honorio e establecendo o seu centro político en Bracara Augusta. Pronto surdiron problemas con vándalos, os cales dirixironse a Bética e posteriormente pasaron a África romana. Debido ao seu escaso número ( apenas uns 30000), os suevos estiveron agrupados.
O seu réximen de goberno era a monarquía. Os reis suevos extendense dende Hermerico ata Andeca, que no 585 foi derrotado polo rei visigodo Leovigildo.
En su historia sueborum, Isidoro de Sevilla deixa constancia de que o Regnum Sueborum duró exactamente 177 años e fecha erróneamente o seu inicio no 408 ( xa que os suevos non penetraron na península Ibérica ata o 409).

cultura sueva

Nos meses anteriores tratamos temas da cultura castrexa e cultura romana, a partir de agora durante un mes vamos a abordar o tema da cultura sueva.