jueves, 17 de mayo de 2012

A PRIMEIRA ETAPA FRANQUISTA E A EXISTENCIA GUERRILLEIRA NO SECULO XIX.


A PRIMEIRA ETAPA FRANQUISTA E A EXISTENCIA GUERRILLEIRA:

Os vencedores da Guerra Civil (1936-1939) propuxéronse someter a Galicia á función de simple provedora, estremando a opresión das clases traballadoras. Dous son os períodos desta etapa: un desde 1939 ata mediados dos 50, e outro desde mediados dos 50 ata hoxe, 1979. Porque o conflito prosigue.

PERIODO DE 1939 A 1955
Inscríbese este período nunha situación económica de depresión que arrancara da década dos 20. A contribución da nación galega ao conflito estatal da Guerra Civil foi alta. Dun lado o “terror branco” ensanguentóu a terra estirpando os líderes e sementando o medo como factor decisivo de dominación; doutro, as riquezas foron esgotadas ao servicio do exército da reconstrucción da zona máis danada pola guerra e das arcas estataís.
A poboación somente dispuxo da terra e do mar como fonte de provisión. Aumentóu, o sector primario e a agricultura intensiva mediante sistemas tradicionaís; nin sequera se modificaron a escasa marxen de residuos forás non redimidos. Certa protección estatal permitíu o enriquecemento dalgunhas familias da burguesía industrial.
O reflexo demográfico foi o seguinte:

POBOACIÓN DE FEITO 1920-1950
CIFRAS ABSOLUTAS
INDICE (1900=100)

GALICIA
GALICIA
ESTADO ESPAÑOL
1920
2.124.244
107`25
114`89
1930
2.230.281
112`61
127`18
1940
2.495.860
126`02
139`74
1950
2.604.200
131`49
151`05

Na década  dos 30 producíuse o maior aumento da nosa poboación, a pesar das baixas pola guerra. Somente nese decenio temos unha media equivalente á xeral do Estado. A causa foi cese migratorio. Na década seguinte  renóvase o fluxo migratorio ao interior da peninsula e cara a América, e o aumento, inferiror, afóndase. A ruralización evidénciase nas porcentaxes de cada sector produtivo.


1920
1930
1940
1950
Sector I
82´78
65`32
73`06
71`89
Sector II
7`30
14`66
10`93
13`6
Sector III
9`92
20`02
16`01
14`51

A evolución económica é patente; o proceso industrial dos anos 30 detívose, e a proporcionalidade dos sectores do tipo de 1930 só se recuperou despóis de 1960. Esta realidade económica traducíuse en misería xeral da poboación traballadora, misería parella á que sofriron as clases populares ao longo e ao ancho de todo o Estado Español. E esto a pesar de non ter sofrido Galicia desfeitas materiaís durante a Guerra Civil.
A resistencia ao sistema autoritario e fascista desta etapa acochóuse en dous frentes: o da guerrilla e o dos exiliados. A guerrilla galega antifascista pasóu por dúas estapas: 1936-1943 e 1943-1950. En ambas mantivo o seu carácter autóctono. Durante a primeira etapa, a guerrilla actuóu principalmente na raia de Portugal, nas terras de Chantada e nas do Ferrol. Tal vez apoiaron máis aos labregos oprimidos aos guuerrilleiros do Ferrol, que tamén castigaron a militares e falangistas con represalías en Mugardos, Caranza e Valdoviño.
A dependencia do PC (Partido Comunista) levóu a guerrilla ao desarme. Así, no 1951 El Guerrillero de Galicia publicóu un chamamento neste sentido. Este proseguíu a loita en terras de Lugo e mesmo editóu a Vida guerrillera.
A ocupación militar de Galicia en 1936 precipitóu ao esilio a moitos galegos de esquerda. Non sempre chegaron a terra libre; moitos foron apresados ou enganados por falsos organizadores. En 1944 constituíuse o Consello de Galiza en Montevideo; en 1945 trasladóuse a Bos Aires. Presidíuno Castelao ara 1950. Os esiliados non só mantiveron aceso o lume da protesta, tamén organizaron axudas  e crearon prensa e centros culturaís activos.
Non faltóu a oposición clandestina tanto en Galicia como en conesión cos esiliados, mayormente a exercida por membros do Partido Galerista. Mais arredor de 1950 parte da oposición opinóu que era imposible vencer o franquismo. En 1950 fundóuse en Vigo a Editorial Galaxia.
As condicións de traballo en que se desenvolvéu a actividade cultural eran moi difíciles. As institucións do Estado e da Igrexa rivalizaban en adoutrinamento autoritario e medievalizante.

miércoles, 16 de mayo de 2012

A POLÍTICA DO FRANQUISMO E A AUTONOMIA.

O exercito impúxose en toda Galicia,que rematada o mes de xullo practicamente toda Galicia estaba dominado polas tropas franquistas, pero esta vitoria custou centos de muertos.Hubo resistencia na Coruña os dias 20 e 21. En Lugo e Ourense houbo pouca resistencia, agás en Monforte onde Tizón, Abeledo e outros conseguiron o apoio dos ferroviarios, en defensa da Republica así como saír en defensa da capital. En Ferrol os mariñeiros amotinados negáronse a declarar o estado de guerra ata que Vierna e os irmáns Moreno lograron dominar a situación, someter os mariñeiros e entregar Ferrol aos sublevados. En Santiago, con saída das tropas o 20 de xullo non houbo opción á resistencia.
Dominadas as cidades, as vilas fuerón doadamente controladas.. Ribeira, Villagarcia, Betanzos, Sarria. Finalizada a guerra, uns marcharon cara ao exilio e outros fóronse ao monte a emprender a resistencia armada, pois esperaban que a ditadura militar non duraría moito tempo. Foron innumerables as guerrillas.
O seguinte paso na resistencia será o control dos sindicatos franquistas, aproveitando o despegue industrial en Galicia nos anos 60. As primeiras folgas con forte incidencia que se coñecen son nos anos 1967, 1970 na Bazán (Ferrol) e 1970 en Ferrol e Vigo onde a folga xeral foi seguida con expectación en toda a Peninsula.
Outras formas de resistencia foron os estudantes do 68 en diante, a dos intelectuais galleguistas negandose a colaborar co franquismo, creando institucións contrarias ao espiritu do re xemen franquista como a Revista de Economia de Galicia ou a editorial Galaxia e mantendo contracorrente unha serie de símbolos da galleguidad: O Dia de Galicia, as conmemoracións de Rosalia, a casa de Rosalia.


O NACIONALISMO GALEGO.
A evolución do nacioanalismo na postguerra estivo suxeita a moitos cambios e dificultades derivadas non só da represión do 36, senón tambien do centralismo uniformador que caracterizaba ao estado franquista. Despois da guerra, hai unha longa etapa na que o nacionalismo trata de resistir no interior e manteñen unha intensa actividade no exterior, sobre todo na emigración de Bos Aires, onde se exiliarán algúns dos políticos galegos máis revelantes que fuxira da represión franquista (Castelao, Alonso Ríos Picallo). A actividade de Castelao, á fronte do Consello de Galicia e como ministro da Republica no exilio, foi decisiva para o recoñecemento dos dereitos autonomistas de Galicia con vistas a un futuro goberno republicano co que soñaba 1944-46.Pero estas esperanzas comenzarón a fraquear coa estabilidade do goberno franquista e a principios do 50 péchase esta etapa de resistencia con dous feitos coetáneos e moi significativos o 7 de xaneiro dese ano morre en Bos Aires Castelao e fúndase en Vigo a editorial Galaxia.Si coa morte de Castelao pérdese o grande animador galleguista da emigración, a aparición de Galaxia no interior significa a transición da loita politica á loita cultural, estaba a xeración Nos da que aínda vivían tres dos seus integrantes: Risco, Cuevillas e Outeiro Pedrayo. Esta orientación cultural do galleguismo comezou a ser criticada a principios da década dos setenta e é nese debate cando xorden de novo partidos políticos nacionalistas de corte naconalista:PGP,UPG POG, ata as actuais PSG, BNPG.


A AUTONOMÍA.
En España, coincidindo co cambio político e social dos últimos anos, quedou claro que as demandas de autonomía rexional ían configurar a existencia dunha nova forma de Estado, e así quedou recollido na Constitución que, fundamentada na indisolubilidade da Nación española, recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran.
A elaboración do proxecto de autonomía para Galicia tivo achegas de diversa procedencia. Nun principio as forzas políticas e os partidos elaboraron borradores e suxestións,. posteriormente, formouse o grupo de traballo " os 16" no que participaban organizacións políticas sen representación parlamentaria. Finalmente, La Asamblea de Parlamentarios de Galicia elixiu de entre os seus membros unha comisión de once., que redactou o texto definitivo do anteproxecto do Estatuto de Autonomía enviado ás Cortes.
O 22 de novembro de 1979, tras longas discusións e negociacións, nas que os acordos alcanzados polas forzas políticas non foron unánimes, aínda que si maioritarios, emitiuse pola Comisión Constitucional do Congreso do Deputados, coa asistencia dunha delegación da Asemblea de Parlamentarios galegos, o ditame sobre o proxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia. No mes de setembro, comezaron as negociacións entre os diversos partidos e grupos políticos para sacar adiante o texto estatuario,.el día 29 de setembro, reunidas en Santiago de Compostela as forzas políticas galegas, alcanzaron un acordo mínimo que lles permitiría o voto afirmativo o texto modificado.
A Asemblea de Parlamentarios galegos ratificou o día 1 de outubro, e os parlamentarios galegos aprobaron por unanimidade as modificacións xa indicadas. O novo texto do proxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia publicábase no "Boletín Oficial das Cortes Xerais" o día 4 de novembro.
Un ano despois, o 20 de outubro de 1981, celebrábanse as eleccións ao Parlamento Galego e o 19 de decembro constituíase este quedando establecida a súa sede en Santiago, no Pazo de Fonseca. A sede da Xunta, órgano colexiado do Goberno de Galicia, establecíase tamén na devandita cidade, no Pazo de Rajoy.

ESCRITORES NA EMIGRACIÓN E XERACIÓN DO 36.

Despois da guerra civil un gran número de autores emigran cara a Sudamérica, situándose deste xeito o foco cultural galego máis alá do Atlántico. Será, sobre todo coa presenza de Castelao no Centro Galego de Bos Aires, onde dean os seus froitos os esforzos dun grupo de escritores: Luis Seoane, Lorenzo Varela, Emilio Pita, E. Branco Amor, R. Dieste. Na capital arxentina xurdirán revistas da importancia de "Galicia Emigrante" editoriais como " Citania", emisións de raio galego, representacións teatrais.
Entre as obras literarias destes autores podemos sinalar " Fardel d´eisiliado"(1952), de Luis Seoane ,poemario de intencionalidade social; "Maria Pita e tres retratos medievais"(1944) e " Lonxe" (1954) de Lorenzo Varela, poeta que devolve á poesía galega un ton épico comparable ao das primeiras obras de Cabanillas.


A XERACIÓN DO 36.
Chamamos Xeración do 36 á promoción de escritores nacidos entre 1910 e 1920 que non deron a coñecer o mellor da súa obra ata despois de 1950, aínda que nalgún caso xa tivesen publicado antes da guerra.
Nesta xeración vai ser de novo a poesía a que marque o camiño da restauración cultural. As influencias do imaginismo ou hilizoismo, do neotrovadorismo e do paisaxismo humanista van continuar sendo notorias. Se ben adquirirá gran revelancia o social-realismo (Seoane e Emilio Ferreiro).
Entre os autores máis destacados desta xeración está.
Aquilino Igrexas Alvariño, Ricardo Carballo Calero, Alvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro.
A continuación falaremos brevemente de cada un deles:
Aquilino Igrexas Alvariño: Autor de ensaios literarios e de dous importantes libros de poemas: "Señarda", conctado co modernismo e Cómaros verdes".
A súa obra, moi abundante, está escrita nunha lingua coidada e enormente cultista.
Ricardo Carballo Calero: Como investigador da lingua e a cultura galega desenvolveu unha enorme produción: "Achegas á literatura galega contemporánea", "Gramática elemental do galego común" e "Historia dá literatura galega contemporánea" entre outras.
Logo tambien hai que destacalo como poeta e narrador.

Alvaro Cunqueiro: A súa produción poética ten diversas influencias. Con Cunqueiro o neotrovadorismo chega ao seu cumio, adquirindo unha lixeireza e exquisitez difíciles de superar.
A súa obra narrativa pódese clasificar en dous grupos: novelas e galerías de retratos.
Tamén escribío obras teatrais de grande interese.
Celso Emilio Ferreiro: É un dos grandes poetas encadrados no realismo social. A súa produción, ata chegar ao realismo, adopta diversas influencias.
O seu ultimo libro "Onde ou mundo se chama Celanova" supón un cambio de ton con respecto aos seus libros anteriores; na primeira parte canta á súa terra, Celanova, e na segunda a Moraima, a súa muller e compañeira.
Son tamén desta Xeración Xosé María Díaz Castro, Moure Mariño e outros.


A PROMOCIÓN DE ENLACE.
A principios dos 50 comeza a publicarse a obra de diversos escritores nacidos nos anos vinte e formados xa baixo a ditadura. Este grupo desenvólvese sen apenas contacto coa literatura galega, bebendo de fontes castelás, e incorporándose á literatura galega tardiamente e de forma marxinal.
Son esencialmente poetas: reciben o influxo das correntes lirícas de preguerra, á vez que aparece entre eles unha nova liña, a existencial.
Entre os poetas destacan: Antonio Tovar, Luz Pozo e Manuel Cuña Novás.
Xunto a este grupo de poetas xorden as figuras de dous prosistas de interese, Xosé Neira Vilas e Daniel Cortezón.
Por último, sinalar a Xosé Alonso Montero, autor de destacados estudos sobre Rosalía, Celso Emilio Ferreiro e outros moitos temas literarios e lingüisticos.

domingo, 13 de mayo de 2012

O AGRARISMO EO MOVEMENTO OBREIRO NO SÉCULO XX.

1.- O AGRARISMO:

O campesiñado, dende vos últimos anos do século XIX, empeza a manifestar unha capacidade de asociación estraordinaria.Primeiro fai asociaciós de axuda e ausilio, como por exemplo" asociación de seguros do gando". Pouco a pouco estas asociación fóronse politizando ate o punto de volvérense centrássúa acción reivindicadora.
O agrarismo, fórmula xenérica que agrupa todo movemento agrario de calquer signo, tén diversas formulaciós. ".SolidaridadeGalega":
Surxe en agosto de 1907 na cidadeCoruña. Os seus obxetivos eran a procura do desenvolvemento de Galicia. Un movemento cidadao e culturalista, se consíderamos a procedencía e profesiós dous que formaron vos seus primeiros cadros (8 catedraticos,6 avogados, 1banqueiro,3 médicos...). Non seu seo destácase axiña un sector que impulsa a idea inicial mediante a reforma dá agricultura. Un grupo de mozos (Casares Quiroga, Rodrigo Sanz, Lugris..) comenza a actuar non campo por medio de mitins, folletos,manifestos.Non se rexeita a acción violenta. Betanzos e a súa bisbarra será ou feudo dous "solidarios".Os dirixentes, vos lanuxes patricios moderados dá Coruña, con apoio dous carlistas e do clero,espántanse dá forza popular que adquire a solidaridade agraria.Os plas, ás asembleas (como ás de Monforte e Ribadavia).que pretendían xuntar ás bases moderadas dá reforma agraria,son superadas en cada aldea ou en cada parroquia por un furor campesiño que non acepta máis demoras e que esixe inmediatamente a terra para si e melloras nos contratos de arrendo, de pagamentos, etc. A Solidaridade quebra en 1912 ao non poder seguir ou impulso dado polos campesiños ao movemento. Unión
Campesiña aparece tamén na cidadeCoruña en setembro de 1907, como un intento dá CNT de aprosimación ao campo galego. O seu fundador é Manuel Martínez Pérez, que dirixirá a sección de "oficios varios" dá CNT. Vos centros máis importantes han de ser Oza, Nos e Ordes. Defenden ou abstencionismo político nas loitas municipaís. Non ano 1908 chega ao seu momento de esplendor. Os antiforistas aparecen nos anos 1907 a 1908 como agrupacións dedicadas a loitar pola supresión do foro. A primeira e máis importante foi a asociación de Teis, dirixida por Martínez Lago. Ao pouco tempo, ou movemento difúndese por toda a provincia de Pontevedra e parte dá de Lugo, con epicentro en Becerreá. Ou movimento capitalizaráo ou partido liberal por medio do seu péon político en Pontevedra, que logra introducirse nas sociedades e conducilas conforme a directrices de Madrid. Nos anos 1913-14 desaparece Acción Galega e Basilio Alvarez. Pouco a pouco Basilio radicaliza a súa loita. Rodeado dun grupo de mozos entusiastas, empeza unha gran misión por toda Galicia: a loita anticaciquil. O campesiñado segue a Basilio porque atopóu na súa voz ou eco dá súa propia, contida durante séculos. Pero cando se cansóu de loitar, Basilio contentóuse cun escano nas Cortes non partido de Lerroux. O campesiñado galego, frustrado unha vez máis, volvéu para casa a espera doutro Basilio.
Os sindicatos católicos. A Igrexa potencióu dende ou XIX un movimento asociativo. Con todo, ou seu eco non ficóu para a Historia. Os sindicatos católicos tingan a central en Santiago, onde un equipo de católicos loitaron á súa maneira polo mundo social.
O período 1900-1925 é de convulsión e furor labrego. Moito tén que ver con isto ás posibilidades económicas desta clase social, que pode e quere facer que a terra que traballa sexa súa.

 2.- O MOVEMENTO OBREIRO:

Dende 1868 agroman asociacións de inspiración federalista ao amparo dos decretos sobre a libertade de reunión e asociación. Aparecen asociacións de tipo cooperativista nas principias cidades galegas.
Tamén neste período aparece a Internacional en Galicia. Aínda que ás condicións eran pouco favorables á implantación do ideario dá Internacional, sen embargo surxen periódicos e pequenas seccións. En 1871 editábase non Ferrol ou semanario El Trabajo.
Conforme nos internamos non século XX, a implantación do movimento obreiro é un feito indiscutible.
Tamén está por facer un estudo dás folgas e demáis medios de presión social utilizados polo movimento obreiro. A falta de medios de investigación, por consecuencia dás inxustas restricións que fai ou Ministerio e ou sistema de repartición de bolsas, impide a moitos licenciados dedicarse a estas investigacións que Galicia precisa con urxencia.
Ás calas feitas ata ou momento son particularmente interesantes polos datos achegados, como por exemplo ás memorias de Branco Gurgullo sobre ou movimento obreiro en Santiago e de Pato Díaz sobre ou movimento obreiro en Ourense.


EVOLUCIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DURANTE O SECULO XX.

 1.- INTRODUCIÓN:

Coa guerra civil trúncase un novo período histórico na evolución de Galicia, pois, o territorio galego queda encadrado no bando dos insurrectos ou "nacionais". Galicia pasa a ser unha zona de retagarda, un lugar de aproveitamento das tropas franquistas. Rematada a guerra, segue unha etapa de dificultades económicas, profunda estruturación social e represión política, na que as únicas voces discrepantes son os restos dos partidos políticos ou as guerrillas.
A repercusión económica non comezou ata finais dos anos 50 e primeiros dos 60, coa emigración dunha gran parte da poboación rural, cara aos países industrializados de Europa, e cara ás cidades galegas, vascas ou catalás. Da penuria industrial da postguerra, centrada no equipamento da industria hidroeléctrica, vaise evolucionando cara a unha industrialización que comprende varios sectores. Estas transformacións económicas van emparelladas cuns cambios sociais de dimensións impresionantes: cambia o hábitat da poboación, a súa actividade laboral e adquiren maior concreción política as súas posturas e conflitos.

2.- A POBOACIÓN:

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN GALEGA, 1930/75
AÑO
NÚMERO DE HABITANTES
(TANTO POR CENTO) GALICIA/ESPAÑA
1930
2  230  281
9,46
1940
2  495  860
9,65
1950
2  604  200
9,31
1960
2  602  962
8,55
1970
2  583  674
7,61
1975
2  685  234


Na evolución da poboación galega, dende finais da guerra civil ata os nosos días, prodúcense dous fenómenos ben característicos da poboación actual: o envellecemento desta, sobre todo nas provincias orientais, e o descenso en termos absolutos do número de habitantes dende 1950, se ben en 1975 se experimenta unha importante suba. Esta detención do ritmo de crecemento que non se detectaba dende o século XVII, supón o estancamento demográfico nas provincias occidentais e o despoboamento das orientais, como podemos comprobar na seguinte táboa:

TASAS DE CRECIMIENTO DEMOGRÁFICO REAL, 1930/70 (TASA MEDIA ANUAL POR 1000 HABITANTES)

1930/40
1940/70
Coruña
15,0
4,4
Lugo
9,4
-6,3
Orense
7,6
-3,3
Pontevedra
13,0
5,3
GALICIA
11,9
1,1
ESPAÑA
9,8
10,2

Mentres no período intercensual 1930/40 tan só Lugo e Ourense presentaban unha taxa media de crecemento anual lixeiramente inferior ao nacional, no período 1940/70 as catro provincias mostran xa unha taxa media moi inferior.
Por outro lado, nos últimos anos reduciuse notablemente a natalidade (16,7 por 1000 en 1968/70) e tamén, aínda que con menos forza que en España, a mortalidade (9,4 por 1000 nos mesmo anos), de modo que a poboación galega se encontra na actualidade nunha fase estacionaria con gran similitude, nos seus índices máis significativos, coa demografía dos países industrializados. Situación que se deu pola acción do aspecto máis definitorio da poboación galega contemporánea: o fenómeno migratorio.
Exceptuando a década de 1930/40, en que por efecto da Gran Depresión e da Guerra houbo unha notable inmigración, a emigración presenta durante este período unha forte relevancia na que destacan como características: a maior emigración nas provincias centrais en valores relativos e o diferente destino segundo as décadas. Isto vémolo reflectido nas seguintes táboas:

TASAS DE MIGRACIÓN NETA, 1941/65 (TASA MEDIA ANUAL POR 100.000 HABITANTES)

1941/50
1951/60
1961/65
Coruña
151
610
658
Lugo
686
1230
1173
Orense
770
1017
2505
Pontevedra
415
1139
762
GALICIA
436
911
1093
ESPAÑA
31
300
269

MOVEMENTOS MIGRATORIOS DA POBOACIÓN, 1964/73
DESTINO
CORUÑA
LUGO
ORENSE
PONTEVEDRA
GALICIA
Inter. Galicia
31.278
12.322
11.027
9.316
63.943
Inter. Galicia
18.392
24.413
15.388
10.867
69.061
TOTAL
49.671
36.735
26.415
20.183
133.004
Europa
61.305
15.524
87.091
35.385
199.305
Transoceánica
19.500
5.274
18.099
22.709
65.665
TOTAL
130.476
57.533
131.605
78.358
397.972

Como característica particular desta emigración debemos sinalar que na década dos corenta a emigración foi sobre todo cara a Arxentina, pasando na década dos 50 a Venezuela. A partir da Estabilización económica e da formación do Mercado Común, a mobilidade e a forza de traballo producida por Galicia cambia de destino, dirixíndose cara a Europa, interior de España e as cidades galegas da costa occidental.
Evidentemente a emigración supuxo dende o punto de vista económico un manifesto desconxestionamento que aliviou o exceso poboacional e permitiu, desta forma a supervivencia dos que quedaron. Supuxo igualmente un factor positivo no desenvolvemento da economía galega, coa chegada de divisas procedentes de América e logo Europa. Dende unha perspectiva estritamente economicista ata é posible que a emigración fose un bo negocio. Pero a emigración significou tamén un alto custo social e político: o desarraigamento, a ruptura familiar, o exilio encuberto.

3.- ECONOMÍA E SOCIEDADE:
Rematada a guerra civil prodúcense dous fenómenos socioeconómicos que poden moi ben interrelacionarse: a rerruralización, co conseguinte retroceso na actividade agrícola e o freo da emigración pola Gran Depresión e a Segunda Guerra Mundial.
Do complexo conxunto de cambios que aconteceron en Galicia dende os anos 50 en diante, interesa resaltar sobre todo as transformacións producidas no sector agrario e o proceso de crecemento industrial, porque son tanto as inercias do mundo agrario coma as fraquezas da industria as que mellor definen a evolución da economía galega na época actual.
En consonancia coas transformacións económicas déronse unha serie de cambios sociais en Galicia, entre os que podemos destacar:
- A consolidación dunha burguesía industrial e financeira que se viña formando dende a primeira etapa de modernización da economía galega (1890-1960)
- A nova burguesía agraria que xorde nos últimos anos en Galicia, axudada pola política agraria estatal de forte subvencións, pola organización e aproveitamento de cooperativas e, en xeral, polo proceso de modernización do sector agrario.
- Un terceiro cambio social de gran relevancia é a progresiva reordenación laboral da poboación activa galega.

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN ACTIVA GALEGA, 1930/1973

Agricultura y pesca
Industria
Servicios
Año
%
%
%
1930
65,3
14,7
20,0
1940
73,1
10,9
16,0
1950
71,9
13,6
14,5
1960
67,8
16,0
16,2
1970
52,7
21,2
26,1

Con respecto a esta reordenación laboral convén sinalar a importancia crecente, sobre todo nas capitais, do sector servizos, que supera xa o secundario. Non obstante, aínda é notoria a preponderancia da actividade agrícola, que se reflicte tamén no predominio da ruralidad no hábitat. Tamén neste caso, son as dúas provincias do interior as que presentan unha maior ruralización.
Por último, sinalar que a conflitividade social pasa do campo á cidade, despois da guerra civil. Pero este é un fenómeno no que se mesturaron as revindicacións laborais coa loita política.