Desde os últimos anos do S.XIX, e especialmente no S.XX,
tanto o campesiño como o mariñeiro mostran unha particular capacidade de
reacción indicadora de que algo está a cambiar.
Os
puntos máis significativos son:
1.-
O acceso do campesiñado á propiedade da terra.
Ata 1926 o acceso está obstaculizado pola rexa
oposición dos rentistas, o que provoca a movilización agraria galega, con
gloriosa historia. O acceso soamente é posible comprando a terra a alto prezo.
A segunda etapa comeza cando Primo de Rivera, decide por lei a redención foral
en 1926. A operación de traspaso de propiedade, non foi custosa, e todo fai
supoñer que se pagóu con cartos procedentes da emigración.
2.-
Transformacións técnicas na agricultura:
Foron poucas e lentas, pola falta de capital para a
adquisición de instrumentos e motores. Nesa lentitude transformadora non estivo
ausente, a prudente reserva do galego ante todo aquelo que puidera alterar as virtudes
da agricultura; así a introducción de abonos químicos foi paulatina e non se
xeneralizou ata que o labrego comprobóu que a terra non sofría coa aplicación
química.
3.-
Producción para o mercado:
Dous feitos coincidiron en acelerar o desenvolvemento
do sector cárnico, no que se especializóu a agricultura galega do século XX: o
remate da vía férrea que une Galicia con Castilla e o considerable aumento da
demanda de carne como consecuencia do fortísimo incremento poboacional de
cidades como Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia, Zaragoza, etc. Os beneficios
deste importante comercio esténdese ou distribúense ao campesiñado, mais os
verdadeiros beneficiarios serán os do pequeno sector de mediadores que actúan
no negocio desde os últimos anos do XIX. Todo fai pensar que un sector do
campesiñado realiza no XIX a conversión da súa agricultura familiar nunha
empresa de tipo capitalista. Este sector de labregos-propietarios vivía aínda
nas aldeas e iniciaron a produción de cara a cubrir a demanda de carne esportándoa
a Inglaterra, Portugal e, máis tarde, ao resto do Estado Español. Despóis
deixaron de ser directamente labregos para converterse en chalantes de feira,
chalantes de importancia. Cando se abríu o comercio con España por ferrocarril,
xa eran intermediarios, pasaron a vivir nas cidades, diversificaron a súa
inversión.
Esto
podería denominarse como o currículum de moitas fortunas galegas, hoxe
dedicadas a outros negocios, que empezaron na terra, coa vaquiña, e que ao
mellor remataron nas pescaderías.
Para
documentar a participación galega na produción cárnica temos os seguintes
cadros tomados do Anuario Estadístico Español.
ANO 1918 (en unidades)
|
||||
Bovina
|
Lanar
|
Caprina
|
Porcina
|
|
A Coruña
|
494.274
|
89.491
|
34.964
|
266.294
|
Lugo
|
359.016
|
93.310
|
40.673
|
429.555
|
Ourense
|
200.529
|
120.564
|
44.198
|
204.572
|
Pontevedra
|
206.908
|
38.490
|
21.573
|
137.936
|
Galicia
|
1.260.727
|
341.855
|
141.408
|
1.038.357
|
E. Español
|
3.718.189
|
20.521.677
|
4.298.056
|
5.151.988
|
Porcentaxes de Galicia con
respecto ao Estado Español:
|
||||
33,90 1,66 3,29 20,15
|
ANO 1929 (en unidades)
|
||||
A
Coruña
|
351.500
|
68.900
|
27.200
|
148.900
|
Lugo
|
519.300
|
332.700
|
142.900
|
492.200
|
Ourense
|
165.100
|
246.600
|
104.500
|
107.000
|
Pontevedra
|
111.500
|
53.000
|
25.800
|
81.500
|
Galicia
|
1.147.400
|
701.200
|
300.400
|
829.600
|
E.
Español
|
3.659.600
|
19.370.400
|
4.525.000
|
4.773.400
|
Porcentaxes de Galicia con
respecto ao Estado Español
|
||||
31,35 3,61 6,63 17,37
|
4.-
A frota pesqueira de Galicia no século XX:
Outro feito moi destacable é a aparición dunha frota
pesqueira galega a partir de 1905, especialmente na Coruña e Vigo. Estudios e
investigacións demostran o ritmo crecente tanto na construcción de barcos como
no aumento da tonelaxe e na aplicación do motor, o que permite unha pesca de
altura generalizada. A demanda crecente de peixe, tanto no mercado galego como
no español, acelera o desenvolvimiento deste sector. Así surxe unha capa social
mariñeira independente da fábrica, un sector autónomo en certa maneira, con
gran porvir na economía galega. En base a este desenvolvemento está un capital
de procedencia aínda non ben aclarada. Todo fai pensar, que son as remesas de diñeiro
provintes de América e certas inversións dos beneficios do comercio cárnico
os que explican a aparición dunha actividade que require fortes capitaís.
A
modo de conclusión decir que as remesas de diñeiro de América parece que teñen
que estar na base dunha compresión histórica desde proceso de reactivación de
gran parte dos sectores económicos de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario