Xurde como grupo
político no periodo 1840-6. O galeguismo débelle a aquela primeira xeración de
intelectuáis(os Faraldo, Neira de Mosquera, irmaos Camino etc..) o descubrimento
da singularidade social e histórica do noso pobo e a iniciación do proceso de concienciar
a comunidade non só desde instancias culturais,
senón tamén embarcándose na aventura do levantamento de 1846.
Este
levantamento foi menos espectacular, pero mais profundo chamado a ter un papel
protagonista no porvir político de Galicia: o movemiento galeguista.
O progama
económico e político deste galeguismo era unha denuncia da marxinación
económica de Galicia claramente os responsables eran o centralismo, lexislación
estatal, pasividade galega, mais realmente non hai un programa revolucionario.
Non presentan opción algunha de cambio da estrutura agraria; non ofrecen unha
solución pra a situación pesqueira e a servidumbre mariñeira
Estes
primeiros galeguistas procedían das profesións liberais que nese momento constitúen
unha rama un pouco esgallada da fidalguía galega. Coñecían as correntes
europeas máis actuais pero estas correntes apenas foron capaces de alterar o
cadro das súas ideas.
Despois da
desfeita do 1846, afastados para sempre de Galicia algúns líderes do “provincionalismo”
refuxianse na cultura. E o que podemos chamar segunda xeración galeguista onde
cabe destacar a Rosalía, Vicetto, Pondal e Murguía que manteñen o ideal
galeguista, no idioma galego, no medio de expresión,… A este espírito debemos
Cantares Gallegos e Follas Novas de Rosalía e Queixumes dos Pinos de Pondal.
a O federalismo Galeguista, primeiro intento dun populismo
galego(1868-1875).
Hai un vinculo entre federalismo e galeguismo por varios
indicadores, dos que cabe destacar un estatuto para Galicia en 1873, o estudio
do presuposto económico para un cantón galego, a creación dun Centro de
Iniciativas para o desenvolvemento de Galicia, os diversos folletos, proclamas
e periódicos en que aparece clara esta vinculación. Por primeira vez o
galeguismo programa accións proselitistas a nivel popular no intento de
converter o movemiento nunha acción de masas.
O galeguismo conservador: o rexionalismo de Brañas.
A dereita galega comprendeu, a necesidade de asumir o ideal
galeguista no seu fardel de pretensions políticas. Ahora, a caída da Primeira
República non conlevóu inmediatamente a incorporación da dereita galega ao
galeguismo. Tivo que acontecer a crisis dos anos oitenta. Como líder dos
egrexios economistas destacamos a Brañas que di que a crise que experimenta o
mundo é, particularmente o Estado Español ten unha complexa etiloloxía, máis
coincide en demandar unha única saída: a descentralización regional. A
descentralización só é posible mediante un goberno rexionalista.
Todo esto
vai levar por primeira vez á dereita galega
a ver no galeguismo un instrumento de presión sobre o goberno.
O recurso
ao idioma, á nosa historia, ao folclore de máis motivos sentimentás, que o
partido rexionalista fai, atraerá ao seu campo moitas persoas que nada tiñan
que ver cos intereses económicos do núcleo dominante, poetas, clase media,…
Finalmente,
a aproximación de Brañas ao carlismo, no seo do que morrería, fai que grandes
sectores de clero penentren no rexionalismo galego.
Constitúese desta
maneira un partido ou asociación rexionalista motivada en última
instancia por uns intereses da oligaraquía galega postos en perigo.
c As Irmandades da Fala.
Un grupo de intelectuaís galegos residentes en Madrid
cuestiónanse o atraso económico de Galicia e convidan, desde as páxinas da
revista Estudios Gallegos, a un labor de rexeneración. En Galicia un
xornalista, Antón Vilar Ponte, recolle a chamada e convoca o 18 de maio de 1916
a intelectualidade coruñesa. De aquí saíra a Primeira Irmandade da Fala de
Galicia. Aos poucos días fúndase a de Santiago, baixo a dirección de Luis
Porteiro Garea. Os líderes do movemento serán os irmáns Vilar Ponte, Losada
Diéguez, Peña Novo, Porteiro Garea, Viqueira, Risco e Cabanillas. Os estudos
que eles propoñen encamiñanse a demostrar a necesidade que Galicia ténde a
conseguir unha autonomía integral, política, que remova os obstáculos que a
impiden gozar dun lugar destacado no mundo, obstáculos que proceden única e
exclusivamente da dependencia económica, social e política do país con respecto
a España.
Exemplifican
esta dependencia con varios casos que estudan con estraordinaria lucidez como
pode ser o de o millo o a madeira.
Por iso e
necesario que Galicia adquira a súa condición de nación e que dentro das
competencias pactadas co Estado poida lexislar en materia de tasas
alfandegarias, poida organizarse administrativamente conforme aos seus usos e
conveniencias. Así o testifica o manifesto da Asamblea Nacionalista de Lugo,
celebrada o 18 de novembro de 1918.
Os das
Irmandades da Fala eran intelectuaís, profesionais; non había obreiros nin
campesiños. Tampouco había alta
burguesía ou oligarquía latifundiaria. Estaban convencidos de que os problemas
de Galicia tiñan que resolverse en Galicia, é dicir creando unha clase política
esclusivamente galega que marcase o rumbo do futuro político do noso pobo.
Os das
Irmandades tamén insisten na necesidade de crear redes ferroviarias por toda
Galicia ata o sitio maís escondido, incluso con estradas e camiños veciñaís.
Estaban obsesionados por situar a Galicia nun contexto capitalista, por crear
unha clase burguesa na vanguarda do pobo, por elevar a cultura galega, por xeneralizar o idioma como fronteira política.
Neste
sentido insisten dende A Nosa Terra, o seu xornal, e dende o Noroeste,
periódico que compran con axuda económica catalana.
O fracaso
político nas confrontacións electoraís de 1918, significa o lonxe que estaban os
seus delineamentos do que pensaba a masa popular. E certo que a maquina
caciquil traballoú a todo rendemento para imposibilitar o bo éxito das
Irmandades. Maís non é menos certo que toda a súa boa vontade non foi capaz de
movilizar a opinión pública.
O grupo
formado por Risco, Losada Diéguez e o primeirizo Otero Pedrayo, aproveitará
este fracaso para sortear o movemento cara a illas culturaís. A morte de
Porteiro Garea e o fracaso electoral de 1918 e 1920, deciden que na Asamblea de
Vigo e logo na de Monforte se faga declaración de apoliticismo das Irmandades.
Pechábase desta maneira unha época e abríase outra culturalista, a coñecida por
“Grupo Nós” ou “Xeración Nós”. O nacionalismo ficaba reducido a unha revista, a
unha illa dourada e tranquila, afastada do tumulto da rúa e da vida. No cume
estaba Risco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario