Coa guerra civil trúncase un novo período histórico na evolución de Galicia, pois, o territorio galego queda encadrado no bando dos insurrectos ou "nacionais". Galicia pasa a ser unha zona de retagarda, un lugar de aproveitamento das tropas franquistas. Rematada a guerra, segue unha etapa de dificultades económicas, profunda estruturación social e represión política, na que as únicas voces discrepantes son os restos dos partidos políticos ou as guerrillas.
A repercusión económica non comezou ata finais dos anos 50 e primeiros dos 60, coa emigración dunha gran parte da poboación rural, cara aos países industrializados de Europa, e cara ás cidades galegas, vascas ou catalás. Da penuria industrial da postguerra, centrada no equipamento da industria hidroeléctrica, vaise evolucionando cara a unha industrialización que comprende varios sectores. Estas transformacións económicas van emparelladas cuns cambios sociais de dimensións impresionantes: cambia o hábitat da poboación, a súa actividade laboral e adquiren maior concreción política as súas posturas e conflitos.
2.- A POBOACIÓN:
EVOLUCIÓN
DA POBOACIÓN GALEGA, 1930/75
|
||
AÑO
|
NÚMERO DE
HABITANTES
|
(TANTO
POR CENTO) GALICIA/ESPAÑA
|
1930
|
2 230 281
|
9,46
|
1940
|
2 495 860
|
9,65
|
1950
|
2 604 200
|
9,31
|
1960
|
2 602 962
|
8,55
|
1970
|
2 583 674
|
7,61
|
1975
|
2 685 234
|
Na evolución da poboación
galega, dende finais da guerra civil ata os nosos días, prodúcense dous
fenómenos ben característicos da poboación actual: o envellecemento
desta, sobre todo nas provincias orientais, e o descenso en termos
absolutos do número de habitantes dende 1950, se ben en 1975 se
experimenta unha importante suba. Esta detención do ritmo de crecemento
que non se detectaba dende o século XVII, supón o estancamento
demográfico nas provincias occidentais e o despoboamento das orientais,
como podemos comprobar na seguinte táboa:
TASAS DE
CRECIMIENTO DEMOGRÁFICO REAL, 1930/70 (TASA MEDIA ANUAL POR 1000 HABITANTES)
|
||
1930/40
|
1940/70
|
|
Coruña
|
15,0
|
4,4
|
Lugo
|
9,4
|
-6,3
|
Orense
|
7,6
|
-3,3
|
Pontevedra
|
13,0
|
5,3
|
GALICIA
|
11,9
|
1,1
|
ESPAÑA
|
9,8
|
10,2
|
Mentres no período intercensual 1930/40 tan só Lugo
e Ourense presentaban unha taxa media de crecemento anual lixeiramente
inferior ao nacional, no período 1940/70 as catro provincias mostran xa
unha taxa media moi inferior.
Por outro lado, nos últimos anos
reduciuse notablemente a natalidade (16,7 por 1000 en 1968/70) e tamén,
aínda que con menos forza que en España, a mortalidade (9,4 por 1000 nos
mesmo anos), de modo que a poboación galega se encontra na actualidade
nunha fase estacionaria con gran similitude, nos seus índices máis
significativos, coa demografía dos países industrializados. Situación
que se deu pola acción do aspecto máis definitorio da poboación galega
contemporánea: o fenómeno migratorio.
Exceptuando a década de
1930/40, en que por efecto da Gran Depresión e da Guerra houbo unha
notable inmigración, a emigración presenta durante este período unha
forte relevancia na que destacan como características: a maior
emigración nas provincias centrais en valores relativos e o diferente
destino segundo as décadas. Isto vémolo reflectido nas seguintes táboas:
TASAS DE
MIGRACIÓN NETA, 1941/65 (TASA MEDIA ANUAL POR 100.000 HABITANTES)
|
|||
1941/50
|
1951/60
|
1961/65
|
|
Coruña
|
151
|
610
|
658
|
Lugo
|
686
|
1230
|
1173
|
Orense
|
770
|
1017
|
2505
|
Pontevedra
|
415
|
1139
|
762
|
GALICIA
|
436
|
911
|
1093
|
ESPAÑA
|
31
|
300
|
269
|
MOVEMENTOS
MIGRATORIOS DA POBOACIÓN, 1964/73
|
|||||
DESTINO
|
CORUÑA
|
LUGO
|
ORENSE
|
PONTEVEDRA
|
GALICIA
|
Inter. Galicia
|
31.278
|
12.322
|
11.027
|
9.316
|
63.943
|
Inter. Galicia
|
18.392
|
24.413
|
15.388
|
10.867
|
69.061
|
TOTAL
|
49.671
|
36.735
|
26.415
|
20.183
|
133.004
|
Europa
|
61.305
|
15.524
|
87.091
|
35.385
|
199.305
|
Transoceánica
|
19.500
|
5.274
|
18.099
|
22.709
|
65.665
|
TOTAL
|
130.476
|
57.533
|
131.605
|
78.358
|
397.972
|
Como característica particular
desta emigración debemos sinalar que na década dos corenta a emigración
foi sobre todo cara a Arxentina, pasando na década dos 50 a Venezuela. A
partir da Estabilización económica e da formación do Mercado Común, a
mobilidade e a forza de traballo producida por Galicia cambia de
destino, dirixíndose cara a Europa, interior de España e as cidades
galegas da costa occidental.
Evidentemente a emigración supuxo
dende o punto de vista económico un manifesto desconxestionamento que
aliviou o exceso poboacional e permitiu, desta forma a supervivencia dos
que quedaron. Supuxo igualmente un factor positivo no desenvolvemento
da economía galega, coa chegada de divisas procedentes de América e logo
Europa. Dende unha perspectiva estritamente economicista
ata é posible que a emigración fose un bo negocio. Pero a emigración
significou tamén un alto custo social e político: o desarraigamento, a
ruptura familiar, o exilio encuberto.
3.- ECONOMÍA E SOCIEDADE:
Rematada a guerra civil prodúcense dous fenómenos socioeconómicos que poden moi ben interrelacionarse: a rerruralización, co conseguinte retroceso na actividade agrícola e o freo da emigración pola Gran Depresión e a Segunda Guerra Mundial.
Do complexo conxunto de cambios que aconteceron en Galicia dende os anos 50 en diante, interesa resaltar sobre todo as transformacións producidas no sector agrario e o proceso de crecemento industrial, porque son tanto as inercias do mundo agrario coma as fraquezas da industria as que mellor definen a evolución da economía galega na época actual.
En consonancia coas transformacións económicas déronse unha serie de cambios sociais en Galicia, entre os que podemos destacar:
- A consolidación dunha burguesía industrial e financeira que se viña formando dende a primeira etapa de modernización da economía galega (1890-1960)
- A nova burguesía agraria que xorde nos últimos anos en Galicia, axudada pola política agraria estatal de forte subvencións, pola organización e aproveitamento de cooperativas e, en xeral, polo proceso de modernización do sector agrario.
- Un terceiro cambio social de gran relevancia é a progresiva reordenación laboral da poboación activa galega.
3.- ECONOMÍA E SOCIEDADE:
Rematada a guerra civil prodúcense dous fenómenos socioeconómicos que poden moi ben interrelacionarse: a rerruralización, co conseguinte retroceso na actividade agrícola e o freo da emigración pola Gran Depresión e a Segunda Guerra Mundial.
Do complexo conxunto de cambios que aconteceron en Galicia dende os anos 50 en diante, interesa resaltar sobre todo as transformacións producidas no sector agrario e o proceso de crecemento industrial, porque son tanto as inercias do mundo agrario coma as fraquezas da industria as que mellor definen a evolución da economía galega na época actual.
En consonancia coas transformacións económicas déronse unha serie de cambios sociais en Galicia, entre os que podemos destacar:
- A consolidación dunha burguesía industrial e financeira que se viña formando dende a primeira etapa de modernización da economía galega (1890-1960)
- A nova burguesía agraria que xorde nos últimos anos en Galicia, axudada pola política agraria estatal de forte subvencións, pola organización e aproveitamento de cooperativas e, en xeral, polo proceso de modernización do sector agrario.
- Un terceiro cambio social de gran relevancia é a progresiva reordenación laboral da poboación activa galega.
EVOLUCIÓN
DA POBOACIÓN ACTIVA GALEGA, 1930/1973
|
|||
Agricultura y pesca
|
Industria
|
Servicios
|
|
Año
|
%
|
%
|
%
|
1930
|
65,3
|
14,7
|
20,0
|
1940
|
73,1
|
10,9
|
16,0
|
1950
|
71,9
|
13,6
|
14,5
|
1960
|
67,8
|
16,0
|
16,2
|
1970
|
52,7
|
21,2
|
26,1
|
Con respecto a esta
reordenación laboral convén sinalar a importancia crecente, sobre todo
nas capitais, do sector servizos, que supera xa o secundario. Non
obstante, aínda é notoria a preponderancia da actividade agrícola, que
se reflicte tamén no predominio da ruralidad no hábitat. Tamén neste caso, son as dúas provincias do interior as que presentan unha maior ruralización.
Por
último, sinalar que a conflitividade social pasa do campo á cidade,
despois da guerra civil. Pero este é un fenómeno no que se mesturaron as
revindicacións laborais coa loita política.
No hay comentarios:
Publicar un comentario