A PRIMEIRA ETAPA FRANQUISTA E A
EXISTENCIA GUERRILLEIRA:
Os vencedores da Guerra Civil (1936-1939)
propuxéronse someter a Galicia á función de simple provedora, estremando a
opresión das clases traballadoras. Dous son os períodos desta etapa: un desde
1939 ata mediados dos 50, e outro desde mediados dos 50 ata hoxe, 1979. Porque
o conflito prosigue.
PERIODO DE 1939 A 1955
Inscríbese este período nunha situación económica de
depresión que arrancara da década dos 20. A contribución da nación galega ao
conflito estatal da Guerra Civil foi alta. Dun lado o “terror branco”
ensanguentóu a terra estirpando os líderes e sementando o medo como factor
decisivo de dominación; doutro, as riquezas foron esgotadas ao servicio do
exército da reconstrucción da zona máis danada pola guerra e das arcas
estataís.
A
poboación somente dispuxo da terra e do mar como fonte de provisión. Aumentóu,
o sector primario e a agricultura intensiva mediante sistemas tradicionaís; nin
sequera se modificaron a escasa marxen de residuos forás non redimidos. Certa
protección estatal permitíu o enriquecemento dalgunhas familias da burguesía
industrial.
O
reflexo demográfico foi o seguinte:
POBOACIÓN
DE FEITO 1920-1950
|
|||
CIFRAS
ABSOLUTAS
|
INDICE
(1900=100)
|
||
|
GALICIA
|
GALICIA
|
ESTADO
ESPAÑOL
|
1920
|
2.124.244
|
107`25
|
114`89
|
1930
|
2.230.281
|
112`61
|
127`18
|
1940
|
2.495.860
|
126`02
|
139`74
|
1950
|
2.604.200
|
131`49
|
151`05
|
Na década dos
30 producíuse o maior aumento da nosa poboación, a pesar das baixas pola
guerra. Somente nese decenio temos unha media equivalente á xeral do Estado. A
causa foi cese migratorio. Na década seguinte
renóvase o fluxo migratorio ao interior da peninsula e cara a América, e
o aumento, inferiror, afóndase. A ruralización evidénciase nas porcentaxes de
cada sector produtivo.
|
1920
|
1930
|
1940
|
1950
|
Sector I
|
82´78
|
65`32
|
73`06
|
71`89
|
Sector II
|
7`30
|
14`66
|
10`93
|
13`6
|
Sector III
|
9`92
|
20`02
|
16`01
|
14`51
|
A evolución económica é patente; o proceso industrial
dos anos 30 detívose, e a proporcionalidade dos sectores do tipo de 1930 só se
recuperou despóis de 1960. Esta realidade económica traducíuse en misería xeral
da poboación traballadora, misería parella á que sofriron as clases populares
ao longo e ao ancho de todo o Estado Español. E esto a pesar de non ter sofrido
Galicia desfeitas materiaís durante a Guerra Civil.
A
resistencia ao sistema autoritario e fascista desta etapa acochóuse en dous
frentes: o da guerrilla e o dos exiliados. A guerrilla galega antifascista
pasóu por dúas estapas: 1936-1943 e 1943-1950. En ambas mantivo o seu carácter
autóctono. Durante a primeira etapa, a guerrilla actuóu principalmente na raia de
Portugal, nas terras de Chantada e nas do Ferrol. Tal vez apoiaron máis aos
labregos oprimidos aos guuerrilleiros do Ferrol, que tamén castigaron a
militares e falangistas con represalías en Mugardos, Caranza e Valdoviño.
A
dependencia do PC (Partido Comunista) levóu a guerrilla ao desarme. Así, no
1951 El Guerrillero de Galicia publicóu un chamamento neste sentido. Este
proseguíu a loita en terras de Lugo e mesmo editóu a Vida guerrillera.
A
ocupación militar de Galicia en 1936 precipitóu ao esilio a moitos galegos de
esquerda. Non sempre chegaron a terra libre; moitos foron apresados ou
enganados por falsos organizadores. En 1944 constituíuse o Consello de Galiza
en Montevideo; en 1945 trasladóuse a Bos Aires. Presidíuno Castelao ara 1950.
Os esiliados non só mantiveron aceso o lume da protesta, tamén organizaron
axudas e crearon prensa e centros
culturaís activos.
Non
faltóu a oposición clandestina tanto en Galicia como en conesión cos esiliados,
mayormente a exercida por membros do Partido Galerista. Mais arredor de 1950
parte da oposición opinóu que era imposible vencer o franquismo. En 1950
fundóuse en Vigo a Editorial Galaxia.
As
condicións de traballo en que se desenvolvéu a actividade cultural eran moi
difíciles. As institucións do Estado e da Igrexa rivalizaban en adoutrinamento
autoritario e medievalizante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario