miércoles, 16 de mayo de 2012

A POLÍTICA DO FRANQUISMO E A AUTONOMIA.

O exercito impúxose en toda Galicia,que rematada o mes de xullo practicamente toda Galicia estaba dominado polas tropas franquistas, pero esta vitoria custou centos de muertos.Hubo resistencia na Coruña os dias 20 e 21. En Lugo e Ourense houbo pouca resistencia, agás en Monforte onde Tizón, Abeledo e outros conseguiron o apoio dos ferroviarios, en defensa da Republica así como saír en defensa da capital. En Ferrol os mariñeiros amotinados negáronse a declarar o estado de guerra ata que Vierna e os irmáns Moreno lograron dominar a situación, someter os mariñeiros e entregar Ferrol aos sublevados. En Santiago, con saída das tropas o 20 de xullo non houbo opción á resistencia.
Dominadas as cidades, as vilas fuerón doadamente controladas.. Ribeira, Villagarcia, Betanzos, Sarria. Finalizada a guerra, uns marcharon cara ao exilio e outros fóronse ao monte a emprender a resistencia armada, pois esperaban que a ditadura militar non duraría moito tempo. Foron innumerables as guerrillas.
O seguinte paso na resistencia será o control dos sindicatos franquistas, aproveitando o despegue industrial en Galicia nos anos 60. As primeiras folgas con forte incidencia que se coñecen son nos anos 1967, 1970 na Bazán (Ferrol) e 1970 en Ferrol e Vigo onde a folga xeral foi seguida con expectación en toda a Peninsula.
Outras formas de resistencia foron os estudantes do 68 en diante, a dos intelectuais galleguistas negandose a colaborar co franquismo, creando institucións contrarias ao espiritu do re xemen franquista como a Revista de Economia de Galicia ou a editorial Galaxia e mantendo contracorrente unha serie de símbolos da galleguidad: O Dia de Galicia, as conmemoracións de Rosalia, a casa de Rosalia.


O NACIONALISMO GALEGO.
A evolución do nacioanalismo na postguerra estivo suxeita a moitos cambios e dificultades derivadas non só da represión do 36, senón tambien do centralismo uniformador que caracterizaba ao estado franquista. Despois da guerra, hai unha longa etapa na que o nacionalismo trata de resistir no interior e manteñen unha intensa actividade no exterior, sobre todo na emigración de Bos Aires, onde se exiliarán algúns dos políticos galegos máis revelantes que fuxira da represión franquista (Castelao, Alonso Ríos Picallo). A actividade de Castelao, á fronte do Consello de Galicia e como ministro da Republica no exilio, foi decisiva para o recoñecemento dos dereitos autonomistas de Galicia con vistas a un futuro goberno republicano co que soñaba 1944-46.Pero estas esperanzas comenzarón a fraquear coa estabilidade do goberno franquista e a principios do 50 péchase esta etapa de resistencia con dous feitos coetáneos e moi significativos o 7 de xaneiro dese ano morre en Bos Aires Castelao e fúndase en Vigo a editorial Galaxia.Si coa morte de Castelao pérdese o grande animador galleguista da emigración, a aparición de Galaxia no interior significa a transición da loita politica á loita cultural, estaba a xeración Nos da que aínda vivían tres dos seus integrantes: Risco, Cuevillas e Outeiro Pedrayo. Esta orientación cultural do galleguismo comezou a ser criticada a principios da década dos setenta e é nese debate cando xorden de novo partidos políticos nacionalistas de corte naconalista:PGP,UPG POG, ata as actuais PSG, BNPG.


A AUTONOMÍA.
En España, coincidindo co cambio político e social dos últimos anos, quedou claro que as demandas de autonomía rexional ían configurar a existencia dunha nova forma de Estado, e así quedou recollido na Constitución que, fundamentada na indisolubilidade da Nación española, recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran.
A elaboración do proxecto de autonomía para Galicia tivo achegas de diversa procedencia. Nun principio as forzas políticas e os partidos elaboraron borradores e suxestións,. posteriormente, formouse o grupo de traballo " os 16" no que participaban organizacións políticas sen representación parlamentaria. Finalmente, La Asamblea de Parlamentarios de Galicia elixiu de entre os seus membros unha comisión de once., que redactou o texto definitivo do anteproxecto do Estatuto de Autonomía enviado ás Cortes.
O 22 de novembro de 1979, tras longas discusións e negociacións, nas que os acordos alcanzados polas forzas políticas non foron unánimes, aínda que si maioritarios, emitiuse pola Comisión Constitucional do Congreso do Deputados, coa asistencia dunha delegación da Asemblea de Parlamentarios galegos, o ditame sobre o proxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia. No mes de setembro, comezaron as negociacións entre os diversos partidos e grupos políticos para sacar adiante o texto estatuario,.el día 29 de setembro, reunidas en Santiago de Compostela as forzas políticas galegas, alcanzaron un acordo mínimo que lles permitiría o voto afirmativo o texto modificado.
A Asemblea de Parlamentarios galegos ratificou o día 1 de outubro, e os parlamentarios galegos aprobaron por unanimidade as modificacións xa indicadas. O novo texto do proxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia publicábase no "Boletín Oficial das Cortes Xerais" o día 4 de novembro.
Un ano despois, o 20 de outubro de 1981, celebrábanse as eleccións ao Parlamento Galego e o 19 de decembro constituíase este quedando establecida a súa sede en Santiago, no Pazo de Fonseca. A sede da Xunta, órgano colexiado do Goberno de Galicia, establecíase tamén na devandita cidade, no Pazo de Rajoy.

No hay comentarios:

Publicar un comentario