Requila ou Rékhila (438-448) foi rei dos suevos dende 438 ata a súa morte, segundo monarca do reino suevo en Gallaecia.
Subiu ao trono en 438, asociado ao poder polo seu pai Hermerico, enfermo, para asegurar a sucesión. Cando este morreu en 441 converteuse en único rei dos suevos. Á súa morte en 448 sucedeulle o seu fillo Requiario.
Biografía
Pagano, adoptou unha actitude moi agresiva contra a poboación hispanorromana e a Iglesia Católica. Enfrontouse aos bispos e favoreceu o clero priscilianista. Asinou un novo Foedus con  Roma e alianzas cos Bagaudas,  grupos bandoleiros moi organizados formados por campesiños  empobrecidos, escravos fuxidos, desertores e toda clase de opositores á  sociedade romana, que asolaban o val do Ebro. Dirixiu diversas campañas  por  Lusitania e a Bética, retornadas ao poder romano tras as campañas do visigodo Walia e o paso dos vándalos silingos a África.
A beiras do río Genil derrotou o xeneral romano  Andevoto en 438, conquistando  Mérida ao ano siguiente. Rékhila apoderouse dun gran botín de ouro e prata. Sorprende como un pobo modesto puido poener en xaque o imperio.
Conquista de Mérida
Tras  facerse co poder emprende unha campaña militar internándose ata terras  da  Bética oriental. No ano 440 asedia e consegue a capitulación da  cidade de Augusta Emerita, capital da Lusitania onde acode enviado polo Imperio enviou o conde  Censorio co obxectivo de logar un acordo, pero o legado foi feito prisioneiro nesta cidade. A cidade de Mérida quedaba incorporada ao  reino suevo.
Conquista de Sevilla
Requila continuou coas súas campañas de conquista, e en 441 apoderouse de Sevilla. Durante o seu curto reinado o reino suevo alcanzou a súa máxima extensión e chegou a facerse dono de Gallaecia, Lusitania, a Bética e parte da  Cartaginense (boa parte das actuais  Andalucía  e  Castilla-La Mancha, así como todo Portugal, Galicia e Extremadura).  Só a Tarraconense e a costa levantina, aínda baixo dominio imperial,  escaparon ao seu control, aínda que realizou incursións neses  territorios.
En 446 chegou á Península o xeneral romano Vito cun grande exército, formado en boa parte polos federados godos, para enfrontarse aos suevos. Non obstante, Requila derrotou as tropas romanas e Vito viuse obrigado a fuxir. Tamén houbo de enfrontarse ás incursións da frota vándala.
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario