jueves, 5 de enero de 2012

Hermerico

Hermerico (?-441) foi rei dos suevos entre 409 e 438, primeiro soberano do reino que este pobo bárbaro creou na península Ibérica, que durou dende 411 a 585.

Dirixiu o seu pobo dende o
Rin ata Gallaecia, onde someteu a poboación hispanorromana e asinou un foedus co Imperio mediante o cal se convertía en federado de Roma, ocupando a provincia de Gallaecia e aceptando o emperador como o seu superior (411). A parte occidental da Gallaecia foi para os suevos, en tanto que a oriental correspondeu aos vándalos asdingos, dirixidos polo seu rei Gunderico. Enfrontados ambos os dous, Hermerico foi derrotado polos vándalos e os alanos na batalla de los montes Nervasos, na actual provincia de León. Non obstante, coa axuda romana conseguiu derrotar estes inimigos e acantoalos na Bética.

Segundo
San Isidoro rexeu durante 32 anos o destino do seu pobo (406-439), un pobo barbárico menor, tanto dende o punto de vista demográfico como militar, a súa poboación pódese estimar entre 30.000 e 40.000 persoas. O establecimento dos suevos, segundo escribe Idacio, fíxose sobre unha poboación galaico-romana que retivo no seu poder as fortalezas máis seguras. No ano 430, o seguinte á saída dos vándalos de Hispania, Idacio rexistra enfrontamentos pola Gallaecia media que obrigan a Hermérico a facer a paz, paz que se conviete nunha breve tregua, circunstancia que obriga a Idacio a acudir ás galias en busca da protección de Aecio. Idacio regresa a Galicia o ano 432 acompañado polo conde Censorio, en calidade de legado de Aecio preto dos suevos consigueinedo asinar en 438 un foedus cos suevos. Foi entón cando asociou ao seu fillo Requila ao trono xa que se encontraba enfermo. Falece no ano 441.

No hay comentarios:

Publicar un comentario